2ª edición Programa formativo:
«A Cooperativa Alternativa de Emprego para a Mocidade Galega»
A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos a 2ª edición do Programa formativo: «A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega» que se imparte nos meses de xuño e xullo de 2023 e que ofrece 3 cursos de teleformación, GRATUÍTA, que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop.
O programa dá inicio o día 6 de xuño e a inscrición aos cursos xa está aberta.
O Programa está composto por actividades de teleformación, conformado como un itinerario formativo que se pode realizar por completo (adquirindo un total de 60 horas en materia cooperativa), ou ben pódese realizar o curso que se desexe, aínda que o ideal e a recomendación sería realizalos todos pola orde proposta na relación dos cursos.
CURSOS DA 2ª EDICIÓN DO PROGRAMA:
A COOPERATIVA ALTERNATIVA DE EMPREGO PARA A MOCIDADE GALEGA
- Emprendemento cooperativo para a mocidade | 20 h. | Teleformación | Do 6 ao 20 de xuño 2023
- Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | 20 h. | Teleformación | Do 27 de xuño ao 11 de xullo de 2023
- Desenvolvendo a idea cooperativa | 20 h. | Teleformación | Do 17 de xullo ao 2 de agosto de 2023
Emprendemento cooperativo para a mocidade
Teleformación| do 6 ao 20 de xuño de 2023 | 20 horas.
A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:
Programa – Cartel >> Inscrición
Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas
Teleformación| do 27 de xuño ao 11 de xullo de 2023 | 20 horas.
A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:
Programa – Cartel >> Inscrición
Desenvolvendo a idea cooperativa
Teleformación| do 17 de xullo ao 2 de agosto de 2023 | 20 horas.
A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e a inscrición, facendo clic nos enlaces:
Programa– Cartel >> Inscrición
ACTIVIDADE NO MARCO DOS PROGRAMAS:
– Programa 2023 da Rede Eusumo – Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
–Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social -POISES- convocado por CEPES e financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).