A cooperativa socia SÉTIMA, achéganos información sobre o Taller de creación audiovisual denominado CREACINE, unha oferta destinada ás escolas cooperativas asociadas a Espazocoop.

Presentación:

Cine, tv, web, radio ou móbil. Estamos constantemente rodeados de contidos audiovisuais. Cada vez é máis fácil consumir e crear contidos propios. Pero é necesario coñecer o medio, a técnica, a linguaxe e desenvolver unha mirada crítica sobre a multitude de propostas contemporáneas.

CREACINE pretende levar a cabo un modelo de formación en creación audiovisual centrado nas persoas e na súa participación. En cada curso pódese aprender a técnica e a teoría básicas para a creación dunha peza audiovisual en equipo que finalmente será proxectada.

Destinatarias: Nenas e nenos de 7 a 18 anos.

Máis información: neste Dossier

Contacto: Sétima s. coop. galega | setimacoop@gmail.com | 698 135 561