Servicio de Asesoramiento Financiero y Finanzas Éticas y Cooperativas

[ En A Coruña – Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio ]

>> Servicio de carácter presencial y gratuíto >>

A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop promove un servizo de asesoramento financeiro e financiamento ético e cooperativo durante os meses de outubro a decembro de 2019 na cidade da Coruña.

 

Está destinado para o emprendemento empresarial e para entidades do sector da economía social e solidaria do concello fundamentalmente, co fin de prestar apoio no campo financeiro.

Obxetivos

​Ofrecer información e divulgación sobre as posibilidades e produtos que ofrecen desde as entidades de BANCA ÉTICA e de FINANZAS COOPERATIVAS para o financiamento de novos proxectos, especialmente os vencellados á economia social e solidaria, á sostibilidade, ao medioambiente, etc.

Na área financeira habitualmente existen carencias importantes nos proxectos, polo que a facilitación ao acceso a liñas de financiamento impulsadas por estas entidades de carácter ético son unha alternativa.

Promover a alfabetización financeira entre a persoas emprendedoras, grupos promotores e proxectos empresariais en fase de incubación nos viveiros de empresamunicipais.

Consulta máis información no Folleto divulgativo, neste enlace.

As Finanzas Éticas e Cooperativas teñen liñas para apoiar os teus proxectos.

Citas e información: 627 570 948 – 673 524 739

——–

PROMOVE : Unión de Cooperativas EspazoCoop. Unha iniciativa no marco do Convenio de Colaboración 2019 co Concello da Coruña.