Oferta de emprego da cooperativa Cal 3 Fotografía

Cal 3 fotografía S. Coop. Galega empresa de audiovisual e fotografía en Redondela, lanza oferta dun posto de traballo nas áreas de cámara de vídeo e edición audiovisual.

 

As tarefas a realizar tamén inclúen: a atención ao público e mantemento na tenda, e traballos en fotografía, edición e retoque.

Localización do posto: en Redondela.

Valóranse: coñecementos, experiencia ou formación en cámara de vídeo, edición de vídeo e fotografía, traballos de fotografía de estudio e reportaxe. Manexo das redes sociais. Actitude colaboradora e creativa. Lingua galega.

Por razóns de equidade na cooperativa, terán prioridade persoas de xénero feminino.

Xornada: completa en horario partido.

Contrato: inicial de sustitución por maternidade, con posibilidade de continuidade na cooperativa.

Comezo: previsiblemente en outubro de 2019.

Salario: en torno a 900 € mensuais (en igualdade coas demais persoas socias traballadoras da cooperativa).

Enviar currículo a contratacion@cal3foto.com

Oferta pechada a 30/09/2019