Gravacións da Conferencia europea de EC4Rural: fomento das comunidades enerxéticas rurais
O Proxecto EC4RURAL, liderado pola UVigo do que é socia a Unión de Cooperativas EspazoCoop, financiado polo programa LIFE, ten como obxectivo profundar e transformar a relación entre as autoridades locais e rexionais e as comunidades rurais, para contribuír á transición enerxética limpa de Europa a través dunha participación activa e xusta.
Chegados á metade do proxecto, en outubro de 2025, organizou a Conferencia Europea «COMUNIDADES ENERXÉTICAS RURAIS: TENDENDO PONTES ENTRE A ACCIÓN LOCAL E A TRANSICIÓN CARA A ENERXÍAS LIMPAS» esta conferencia mostrou os nosos progresos e compartiu os principais resultados alcanzados. Ao mesmo tempo, a conferencia ofreceu unha plataforma para que investigadores e profesionais presentaran os seus traballos sobre a transición enerxética e as comunidades enerxéticas.
Especialistas de vinte países debateron en Vigo o papel das comunidades enerxéticas rurais na transición enerxética en Europa. Se non puideches asistir tódolos relatorios foron gravados e están dispoñibles na canle de televisión da Universidade de Vigo.
Non puideches asistir! Mira as gravacións de todos os relatorios na canle de TV da UVigo
|
Tras a apertura institucional e a conferencia europea de EC4RURAL reuniu durante unha xornada a 22 relatores para presentar máis de 25 proxectos de Galicia, doutras rexións españolas e proxectos internacionais de Austria, Eslovenia, Croacia, Portugal,… Todos eles nos permitiron aprender, compartir ideas, e tamén nos inspiraron sobre o traballo que se está desenvolvendo arredor das comunidades enerxéticas rurais como ferramenta estratéxica para contribuír á transición cara a unha enerxía limpa en Europa grazas a unha participación cidadá activa e xusta.
Todos os relatorios foron gravados e están dispoñibles para visualizar con acceso libre na canle de TV da Universidade de Vigo, en inglés (idioma oficial da conferencia) e en galego. Acceder aquí [+]
A continuación, tamén atoparás un resumo de cada sesión.
|
|
|
|
 |
Sesión 1: Contextualización: por que importan as CER?
|
A benvida e introdución a EC4RURAL correu a cargo de Antti Roose, da Universidade de Tartu, e de Xavier Simón, da Universidade de Vigo e coordinador de EC4RURAL. A continuación Óscar Güell, de REScoop, a Federación Europea de Comunidades Enerxéticas, falou sobre a evolución do movemento da enerxía comunitaria en Europa. [+]
|
|
|
 |
Sesión 2: Liderado local e innovación territorial
|
Coñecemos a ÖkoEnergieland, a veterana rexión modelo de Austria para clima e enerxía creada en 1996; CERCA, unha comunidade enerxética rexional en Aragón (España); Efiduero, a primeira comunidade enerxética transfronteiriza ibérica; e a Axencia de Enerxía do Noroeste de Croacia (REGEA), creada en 2008. [+]
|
|
|
|
 |
Sesión 3: Políticas para as persoas: CER inclusivas
|
Esta sesión elevou o debate da práctica á esfera política. Eugenia Bonifazi, consultora de Ricardo Energy & Environment, e Achille Hannoset, da DG ENER, reflexionaron sobre como as políticas permiten (ou limitan) as comunidades enerxéticas inclusivas e como a UE dispón dun marco normativo para darlles apoio. [+]
|
|
|
 |
Sesións 4-5: Investigación e Innovación
|
Para estas sesións recibimos trece traballos e contribucións sobre casos de éxito autonómicos, nacionais e internacionais sobre transición enerxética xusta. Na primeira parte (sesión 4), revisamos ferramentas, modelos e casos prácticos e na segunda (sesión 5) proxectos sobre xustiza social, gobernanza, e redes comunitarias. [+]
|
|
|
|