EspazoCoop elabora un estudio sobre las casas del mayor, casas nido, y viviendas colaborativas sénior
A Unión de Cooperativas EspazoCoop elaborou, en colaboración coa cooperativa Atoupa, S. Cop. Galega, un estudo diagnóstico sobre as casas do maior, as casas niño, e as vivendas colaborativas sénior, dentro da liña de acción para a consolidación do nexo entre a Economía dos Coidados e a Economía Social, cofinanciado pola convocatoria da Rede Eusumo e o Programa Interreg ES-Factory.
Estudar o sector dos coidados para contribuír á presenza do cooperativismo e a economía social no mesmo
A realidade galega amosa unha crecente demanda social de coidados. Unha situación que é froito do envellecemento poboacional e o aumento da esperanza de vida, a incorporación da muller ao mercado laboral, así como do desequilibrio territorial entre a oferta e a demanda de servizos de coidados. Ao mesmo tempo, obsérvase unha tendencia á diminución do papel da Administracións pública na xestión da provisión de benestar en favor da xestión privada e a obtención destes servizos no mercado.
Tendo en conta os seus principios e valores, o cooperativismo e a Economía Social preséntanse como ferramentas acaídas para dar resposta a esta demanda. Os coidados constitúen un factor fundamental para asegurar o benestar social da cidadanía e contan cun gran potencial para a creación de emprego de calidade, entre outros elementos.
A investigación que aquí se presenta responde á necesidade de estudar a realidade do sector dos coidados para continuar dinamizando e contribuíndo á presenza da Economía social no mesmo. Así, o obxectivo principal deste estudo é explorar as oportunidades que a Economía dos coidados ten para o cooperativismo e a Economía social, poñendo o foco nas casas niño, as casas do maior e as vivendas colaborativas sénior, servizos emerxentes con gran potencialidade.
Pódese acceder e descargar o ESTUDO neste enlace
[ Este estudo diagnóstico foi promovido pola Unión de Cooperativas EspazoCoop, e realizado con Atoupa S. Coop. Galega. ]
Esta iniciativa conta co apoio e está no marco dos programas:
– Programa 2024-2025 da Rede Eusumo. Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
– Proxecto 0259_ES_Factory_1_E que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal 2021-2027.