Oferta de Gálica para cooperativas socias de EspazoCoop

| Adaptación de sistema de Protección de Datos |

Gálica s. coop. galega, cooperativa socia da Unión, conveniou unha oferta de servizos con EspazoCoop en materia de Protección de Datos destinada a cooperativas asociadas, para que teñan a posibilidade de ter un servizo común e adaptado de consultoría nesta área.

Concretamente trátase da adaptación do sistema de protección de datos a nova LOPD que entrou en vigor o 5 de decembro de 2018 e poder contar con tarifas de desconto neste servizo.

O prezo do servizo será en función do número de cooperativas que se anoten, canto maior sexa o grupo de cooperativas maior será o desconto, que oscilará entre un 10% mínimo e un 18% máximo sobre as tarifas habituais.

Demandas do Servizo a través da  >> Unión de Cooperativas EspazoCoop

As cooperativas socias interesadas no servizo poden demandalo neste enlace ou contactar coa Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Requisitos: Socia de EspazoCoop | Localización. Un centro de traballo na provincia da Coruña | Un máximo de 5 postos de traballo | Non manexar datos especialmente sensibles

Nota: As demandas de cooperativas localizadas noutras provincias serán valoradas e estudiadas.


Características do Servizo

>> Para a adaptación a nova Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD) levarán a cabo as seguintes accións:

• Revisión e deseño de nova Política de Privacidade.
• Realización de análise de riscos para cada tratamento de datos.
• Revisión de consentimentos existentes. Redacción de novo consentimento e novas cláusulas
informativas.
• Redacción de documentos informativos para clientela, traballadoras-es, provedores e outras partes
interesadas.
• Redeseño de novos contratos de tratamento de datos con terceiros.
• Definición de protocolo de seguridade e comunicación coa AGPD.

>> Durante as visitas de consultoría analizaranse os seguintes aspectos:

• Tipos de tratamento de datos dos que dispón a organización.
• Análise da instalación informática para determinar os posibles riscos para a seguridade dos datos
persoais.
• Medidas de protección e de seguridade vixentes.
• Contratos existentes con terceiros.
• Análise da documentación de recollida de datos persoais, con especial fincapé na revisión dos
consentimentos.

>> A duración do proxecto en cada cooperativa será de aproximadamente 2 meses. As etapas do proxecto de consultoría en cada cooperativa serían:

Consultoría presencial. Unha visita/reunión para:
• Diagnóstico previo e revisión dos tratamentos de datos actuais.
• Formación e consultoría de requisitos e necesitades.

Consultoría de gabinete:
• Revisión tratamento de datos en páxina web, e outra información exterior da empresa.
• Deseño de novos documentos: política de privacidade, cláusulas, documentos informativos, documentos de recollida de datos, contratos, etc.