El Foro de Investigación Juvenil celebra su 9º edición y la primera con carácter internacional

 

 

Os días 21, 22 e 23 de novembro, terá lugar o IX Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil e I Europeo de Investigación Xuvenil, no paraninfo da Escola de Enxeñeiría Industrial da Universidade de Vigo, na rúa Conde de Torrecedeira 86, Vigo.

– A iniciativa está promovida polo Colexio Plurilingüe Alborada – Claimo s. coop. galega de Vigo e o Institut El Cairat de Barcelona, e colaboran na organización o Instituto Cultura Ciencia e Tecnoloxía (ICCT) e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.

– Contará coa participación de máis de 1o0 escolares de educación Secundaria e do último ciclo de primaria, pertencentes a 13 centros de ensino de Galicia, Cataluña, Alemaña e Portugal, entre eles 3 cooperativas de ensino da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

No Foro está prevista a participación dos seguintes centros de ensino:

Colexio Plurilingüe Alborada – Claimo S. Coop. Galega | Vigo – Pontevedra
Colexio Santiago Apóstol S. Coop. Galega | Soutomaior – Pontevedra
Colexio Eduardo Pondal | Cangas – Pontevedra
Institut el Cairat | Esparreguera – Barcelona
IES David Buján | Cambre – A Coruña
IES Ortigueira | Ortigueira – A Coruña
Escola Bertran | Sabadell – Barcelona
CPI Poeta Uxío Novoneira | Seoane do Courel – Lugo
CPI Uxío Novoneira Pedrafita | Pedrafita – Lugo
IES Ramón María Aller Ulloa | Lalín – Pontevedra
Agrupamento de Escolas Cidade de Entroncamento- Entroncamento (Portugal)
Colexio Plurilingue Sagrada Familia de Aldán- Pontevedra
Staatliches Berufliches Schulzentrum Lindau (B)- Lindau (Alemaña)

O Foro de investigación naceu pola iniciativa dos centros educativos, entre os que se atopan as cooperativas de ensino, na procura da promoción da investigación, o traballo en equipo, o intercambio, e a divulgación entre o alumnado para adquirir as competencias básicas e motivalo no estudo práctico das ciencias experimentais, humanísticas, lingüísticas, etc., ademais de divulgar esta experiencia á comunidade escolar e estimulala a que se sume a este tipo de actividades.

Que outros obxetivos ten?
– Potenciar a investigación do alumnado de secundaria e metodoloxías que promovan a análise, a creatividade e o inxeñio.
– Fomentar a investigación como metodoloxía.
– Impulsar a difusión do seus resultados e a comunicación da ciencia.
– Introducir dinámicas que potencien o interese pola ciencia en xeral.
– Propiciar o acercamento das diferentes comunidades autónomas e o fomento da convivencia entre mozos e mozas de diferentes comunidades.

No concreto o Foro celébrase para divulgar Traballos de Investigación, estes traballos serán expostos mediante presentación co apoio tecnolóxico que precise o grupo de alumnas/os participante. A metodoloxía empregada para esta iniciativa promove que ao longo do curso escolar se traballe en equipos, baixo a dirección e acompañamento do profesorado dos centros. Neste Foro presentan os traballos realizados, con actitude crítica e opinións encontradas ao redor da investigación científica, exporán e transmitirán todo o proceso realizado e as problemáticas atopadas no mesmo. Traballan solidariamente nos equipos con compromiso e practicando a cooperación, fomentando este tipo de relacións e de traballo.

Programa do Foro
No Programa pódese consultar e apreciar a variedade de ámbitos temáticos dos Traballos que se presentarán no Foro: o papel ecolóxico; sedentarismo na adolescencia; alimentos ultraconxelados; sistema solar; predicción do tempo; vivir sen plásticos; microplásticos no litoral; anisakis; biomateriais; ou ecoloxía e bibalvos na ría de Aldán, son algúns dos temas que tratarán os 36 traballos de investigación xuvenil do alumnado que participa na edición 2019 do Foro.

Este ano, sendo tamén a primeira edición con carácter europeo e internacional, constátase coa celebración do 9º foro o seu éxito de aceptación e de resultados por parte do alumnado e do profesorado participante.

Programa aquí  |  Cartel aquí

O acto de inauguración terá lugar o xoves 21, ás 16:00 horas, será a cargo do Presidente do ICCT José Luis Vázquez López e o Director da Escola de Enxeñeiría Industrial Juan Enrique Pardo Froján.

A clausura e entrega de diplomas será o venres 22 ás 18:30 horas, a cargo de Miguel Filgueira, Vicepresidente da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Por último, o sábado 23 o programa tamén ten previsto unha visita ás Illas Cíes para propiciar nun contexto lúdico o intercambio e a convivencia.

[ Esta iniciativa conta co patrocinio da: Escola de Enxeñeiría Industrial (Universidade de Vigo) | ABANCA | Deputación de Pontevedra | Concello de Vigo| Avanza Mobility ADO| Asociación VODEA]