A Unión de Cooperativas EspazoCoop dá continuidade ao Programa de Formación Especializada destinado prioritariamente para as cooperativas socias, tamén para outras cooperativas e organizacións de economía social  e no que a participación no mesmo non supón ningún custo para elas porque está subvencionado.

Trátase dunha formación modular orientada a persoas con responsabilidades directivas e xerenciais, en temáticas de xestión empresarial, liderado ou innovación entre outras máis.

Iniciou en xuño de 2018 co primeiro dos módulos ‘Ferramentas para a Innovación: design thinking’, a finais de outubro de 2018 celebrouse o segundo módulo ‘Direción e Xestión Financeira nas Cooperativas’, en febreiro de 2019 impartiuse o terceiro ‘Liderado Cooperativo e Xestión de Equipos’ e continúa agora co módulo 4 a través da seguinte proposta formativa :

Sácalle partido!

Comercia, comunica e vende

Os luns 15 e 22 de Abril de 2019 en Santiago de Compostela  – de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 18.30 h. – Rúa Tomiño 22, baixo (Sede de Agaca) – Duración do módulo 15 horas.

Programa aquí | Inscrición aquí | Cartel aquí

IMPARTEN

Roberto Pérez Marijuán. 25 anos de experiencia comercial. No ano 2013 cofunda a consultora Suma Importancia, especializada en márketing, comunicación e vendas.
Juan José Romero Crusat. Socio co fundador da consultora Suma Importancia; licenciado en ADE e Máster en Dirección de equipos comerciais, está especializado en diseño de modelos de negocio e liderado emocional.
Silvia Lobato Muriente. Socia e directora de WEDU Sociedad&Educación. Consultora con máis de quince anos de experiencia en dirección da área de Investigación, Comunicación e Marketing.
Mario González Granja. Socio co fundador de WEDU Sociedada&Educación. Consultor con máis de vinte anos de experiencia en dirección de proxec
tos no ámbito público e privado.

POR QUE FACER ESTA FORMACIÓN?

1| Con esta formación mellorarás as capacidades e procedementos na xestión empresarial, para aplicar nos sistemas de dirección e xestión en cooperativas, coñecerás boas prácticas, e ferramentas de utilidade.

2| Tamén se busca favorecer as relacións e o coñecemento entre as cooperativas que participen, e que esto permita establecer colaboracións futuras entre elas. É dicir, coñecerás posibles aliadas e colaboradoras.

CONTIDOS E PROGRAMA

Trataremos e traballaremos catro módulos de contido:

  • Introducción ás vendas
  • Técnicas de vendas
  • Comportamentos das persoas consumidoras e usuarias
  • Comunicación comercial

>> Programa aquí 

METODOLOXÍA

Metodoloxía de traballo que combian o coñecemento teórico, coa experiencia práctica, exercicios de autoreflexión, simulacións, debates e demostracións.

PARA QUEN?

Preferentemente para cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop: socias/os e asalariadas/os que estén en áreas de dirección, consellos reitores, ou postos relacionados coa temática desta acción formativa.

Tamén outras cooperativas e organizacións de economía social.

———

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social