Contratación: Servizo de deseño e implantación de procesos de mellora en cooperativas de ensino
CONVOCATORIA
Convócase un concurso público, para a realización dun servizo de execución dun programa formativo e de consultaría dirixido a cooperativas de ensino socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop, no marco do proxecto CONSOLIDA+ 2026, actividade incluída no programa de actuación 2025-2026 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social.
O concurso convócase baixo os principios de publicidade, transparencia e concorrencia competitiva, para a realización dun servizo de deseño e implantación de 3 procesos de mellora nas áreas produtiva, organizativa, comercial e económico-financeira, noutras tantas cooperativas de ensino asociadas a Unión de Cooperativas EspazoCoop, no marco do proxecto CONSOLIDA+ 2026, aprobado dentro da programación de actividades da Rede Eusumo para o período 2025-2026.
O período de execución do servizo será dende o 16/02/2026 ata o 30/09/2026.
CONTRATANTE
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.
FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS
Cada licitadora poderá presentar unha soa proposta, nos termos descritos. As ofertas deberán presentarse vía correo electrónico ao correo roberto@espazo.coop, co asunto OFERTA SERVIZO CONSOLIDA+ 2026 ENSINO e acuse de recibo, entre o 5 e o 12 de febreiro de 2026 ás 14.00 h hora peninsular).
PREGOS > AQUÍ