Contratación dun servizo de adaptación de materiais formativos (Proxecto EC4RURAL)
CONVOCATORIA
Convócase un concurso público, para a realización do servizo de adaptación pedagóxica e técnica a formato SCORM dos materiais formativos elaborados no marco do proxecto EC4RURAL, financiado por LIFE, co fin de poñer en marcha un curso MOOC de autoformación, aberto á cidadanía, que permita a transferencia, reutilización e permanencia das aprendizaxes acadadas polo proxecto máis alá da súa duración.
O curso deberá sustentarse en materiais non caducos, reutilizables e facilmente actualizables, garantindo a súa transferibilidade e uso futuro por parte das entidades socias do proxecto.
Os materiais a adaptar xa existen, e serán facilitados á empresa licitadora por parte de EspazoCoop en formato texto editable, xunto coas actividades prácticas correspondentes a cada módulo. O obxecto do contrato non inclúe a creación de novos contidos, senón a súa adaptación pedagóxica, estruturación e maquetación en formato SCORM.
O período de execución do servizo será do 14/02/2026 ao 30/06/2026.
CONTRATANTE
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.
FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS
Cada entidade licitadora poderá presentar unha soa proposta nos termos descritos.
As ofertas deberán presentarse por correo electrónico ao enderezo patane@espazo.coop, co asunto “OFERTA ADAPTACIÓN MATERIAIS EC4RURAL”, e acuse de recibo, entre o 29 de xaneiro e o 12 de febreiro de 2026 ás 14:00 horas (hora peninsular).
MESA DE CONTRATACIÓN: celébrase o 13 de febreiro de 2026.
PREGOS: AQUÍ