A Conferencia de Presidentes/as do Parlamento Europeo, formada polos presidentes/as dos 7 grupos políticos da cámara, aprobaron a a lista definitiva dos intergrupos oficiais para o período 2014-2019 no que se atopa o Intergrupo de Economía Social.
A Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES) celebra que o Parlamento Europeo renove o Intergrupo de Economía Social, porque, en na súa opinión, “favorecerá que este sector empresarial poida manterse e potenciar como motor de desenvolvemento e crecemento dos países da Unión Europea”.
Dende hai uns meses, tanto CEPES como o resto de organizacións e entidades europeas da Economía Social traballaron para lograr a aprobación deste Intergrupo, que permite canalizar directamente dentro do Parlamento Europeo as iniciativas e reformas lexislativas relacionadas coa Economía Social. “A aprobación do Intergrupo vai a permitir que se manteña e reforce a Economía Social, e que esta ocupe un papel primordial dentro das políticas económicas do Parlamento Europeo”, manifestou o presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño.
O Intergrupo de Economía Social –que leva 20 anos traballando– é un dos 28 que foron finalmente aprobados polo Parlamento Europeo dunha lista inicial de 45.
O presidente de ‘Social Economy Europe’, Alain Coheur, destacou que “continuaremos traballando estreitamente en Europa, co Parlamento e con outros ‘stakeholders’ na construcción dunha Axenda Europea para a Economía Social, en valorar a contribución da Economía Social á xeración e mantemento do emprego, e impulsaremos a construcción dunha economía sostible e responsable que responda aos cambios que está exixindo a Unión Europea”.