Obradoiros presenciais, Maio | Unión de Cooperativas EspazoCoop

EspazoCoop, Unión de Cooperativas Galegas, programou para o mes de Maio de 2019 obradoiros formativos en modalidade presencial, que abordarán contidos e materias relacionadas coas empresas cooperativas, o emprendemento cooperativo, e o cooperativismo en xeral.

Estas actividades están dentro da Programación da Rede Eusumo e teñen carácter gratuíto.

Concretamente, impártense accións formativas nas localidades de Vigo e Porto do Son, cada acción formativa ten unha duración de 20 horas distribuídas en 4 sesións (catro días).

 

| COOPERATIVAS DE ENSINO. UNHA ALTERNATIVA DE EMPREGO |

VIGO | d7, 8, 14 e 15 de maio de 2019

Lugar:  Escola de Empresariais da UVigo (Aula 22, 2º andar). Rúa Torrecedeira 105. Vigo

4 sesións | De 9.30 a 14.30 horas  | Información: 986 866 149 – teresa@espazo.coop

 >>> Consulta o programa AQUÍ | Inscrición AQUÍ | Cartel AQUÍ

 

| ACHEGÁNDONOS AO CONFLITO. HABILIDADES PARA A XESTIÓN DO CONFLITO |

VIGO | do 21 ao 24 de maio de 2019

Lugar: Vigo (Lugar concreto pendente de confirmar)

4 sesións | De 9:30 a 14:30 horas  |  Inscricións: teresa@espazo.coop – 986 866 149

>>> Consulta o programa AQUÍ | Inscrición AQUÍ | Cartel AQUÍ

 

| FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER |

PORTO DO SON | do 21 ao 24 de maio de 2019

Lugar: Viveiro de Empresas, Noal, 26. Porto do Son.

4 sesións | De 9:30 a 14:30 horas  |  Inscricións: 981 86 74 12 (Ext. 1302) – jose.pazo@portodoson.gal (José Pazó – Orientador do Concello de Porto do Son)

>>> Consulta o programa AQUÍ | Cartel AQUÍ

 

*A Unión de Cooperativas EspazoCoop fai parte da REDE EUSUMO, para o fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia.