O Roteiro Cooperativo de Santiago chega a súa 5ª edición

 

 

 

O Roteiro Cooperativo  é unha actividade que propón un xeito diferente de coñecer as cooperativas de Santiago de Compostela, o cooperativismo e a chamada economía social. A edición deste ano conta cunha programación de 4 roteiros que se realizan entre os meses de marzo a setembro.

En 2026, o Roteiro Cooperativo, que chega a súa 5ª edición, destaca como unha iniciativa innovadora na divulgación do cooperativismo, un obxectivo que EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela buscan para continuar fomentando a economía cooperativa no concello.

A actividade consiste nunha ruta guiada por Santiago de Compostela para visitar e coñecer cooperativas da cidade e achegarse ao cooperativismo e a economía social. A través dela pónselle cara ás cooperativas que están presentes no día a día da cidadanía, ao tempo que se promociona o modelo cooperativo para mostrar proxectos viables, o que implica realizar tamén un labor didáctico ao redor do autoemprego colectivo (en cooperativa), e das opcións do consumo cooperativo.

Nestes anos o balance é moi positivo, xa que permitiu dinamizar o cooperativismo entre a cidadanía, estudantes, e profesorado de Santiago con 17 roteiros, que neste quinto ano de realización chegarán aos 21.

Calendario de roteiros 2026

  • MARZO > 11 de marzo de 2026
  • MAIO > 18 de maio de 2026
  • SETEMBRO > 2 edicións no mes de setembro de 2026 (datas proximamente)

Cooperativas participantes

As cooperativas que se visitarán e que participan no Roteiro Cooperativo son o cinema Númax, o centro de ioga Almazen de Yoga, a tenda de marcas culturais galegas Creativas Galegas  e a cooperativa de muralismo, pintura e ilustración Cestola.

Cartel > Roteiro Cooperativo 2026

Folleto > Folleto Roteiro Cooperativo 2026

*Imaxe: Roteiro Cooperativo na cooperativa Númax, 11 marzo 2026


*Actividade realizada no marco do Convenino de Colaboración 2026 entre o Concello de Santiago de Compostela no marco do programa municipal Feito en Santiago e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.