Itinerario de teleformación para o emprendemento cooperativo na área de Compostela

 

O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop colaboran na posta en funcionamento de actividades de fomento do cooperativismo durante 2023.  Ambas entidades levan a cabo un Programa composto das seguintes liñas de acción: Formación, Tecendo redes, Roteiros Cooperativos, e Emprendemento Feminino.

Con estas liñas preténdese continuar creando un sistema favorecedor e facilitador do emprendemento cooperativo e de economía social entre persoas, profesionais e colectivos da área de Compostela.

No desenvolvemento do Plan de traballo a Unión de Cooperativas ofrece un Itinerario Formativo de 3 cursos para persoas con interese no emprendemento colectivo, integrado polas seguintes actividades de tele-formación gratuítos que se imparten dende a Aula Virtual de EspazoCoop.

O programa dá inicio o día 13 de setembro e a inscrición aos cursos xa está aberta.

O itinerario pódese realizar por completo (adquirindo un total de 60 horas en materia cooperativa), ou ben pódese realizar o curso que se desexe, aínda que o ideal e a recomendación sería realizalos todos, na orde proposta na relación de cursos.

Cursos do Itinerario de Formación

  • Emprendendo en cooperativa | 20 h. | Teleformación | Do 13 ao 27 de setembro de 2023
  • Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | 20 h. | Teleformación | Do 3 ao 17 de outubro de 2023
  • Desenvolvendo a idea cooperativa | 20 h. | Teleformación | Do 18 ao 31 de outubro de 2023

Emprendendo en cooperativa

Teleformación| do 13 ao 27 de setembro de 2023 | 20 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:

ProgramaCartel >> Inscrición


Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas

Teleformación| do 3 a 17 de outubro de 2023 | 20 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:

ProgramaCartel >> Inscrición


Desenvolvendo a idea cooperativa

Teleformación| do 18 ao 31 de outubro de 2023 | 20 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e a inscrición, facendo clic nos enlaces:

ProgramaCartel >> Inscrición



*Actividades no marco do Convenio de Colaboración 2023 entre o Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop.