Programa: Sensibilización para o Emprendemento Cooperativo

 

 

 

Como primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego e emprendemento en colectivo. A través dun programa de sensibilización achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo.

O coñecemento é esencial para eliminar prexuízos e desinformacións, así como para promover unha mentalidade de colaboración e traballo en equipo.

A programación 2023-2024 realizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop, en colaboración coa Rede Eusumo (Xunta de Galicia), e o Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado por el Fondo Social Europeo Plus para el periodo 2021-2027, a través del organismo intermedio CEPES.

contempla a realización de 10 charlas divulgativas tituladas “E ti, coñeces a fórmula?”, que están destinadas a aumentar o coñecemento e a comprensión sobre os valores e vantaxes do emprendemento en cooperativa, así como concienciar á xente sobre a súa relevancia para fomentar a economía local e o empoderamento das comunidades e colectivos, especialmente no rural, para mulleres e entre a mocidade, por ser unha ferramenta idónea nos procesos de participación e colaborativos.

Coas Charlas cubriremos os seguintes obxectivos:

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar cómo o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

Axenda de Charlas programadas na edición 2023-2024:

En 2023

  • 02/10/23 Ames | E ti, Coñeces a Fórmula? | Obradoiro de Emprego do Concello de Ames | De 9.00 a 11.30 h.
  • 21/10/23 Moaña | E ti, Coñeces a Fórmula? | A Talangreira do Beque en Moaña | De 11.00 a 13.30 h.
  • 31/10/23 Cangas | E ti, Coñeces a Fórmula? | IES Rodeira en Cangas do Morrazo | De 9.15 a 12.00 h.
  • 20/10/23 Betanzos | E ti, Coñeces a Fórmula? | IES As Mariñas en Betanzos | De 9.15 a 12.15 h.
  • 28/11/23 Vigo | E ti, Coñeces a Fórmula? | IES A Guía | De 12 a 14.30 h.
  • 14/12/23  Chantada | E ti, Coñeces a Fórmula? | IES Val do Asma | De 11.45-14.15 h.

En 2024

  • 07/03/24  Ordes | E ti, Coñeces a Fórmula? | Casa da Cultura de Ordes | De 9.00 a 12.30 h.
  • 30/04/24 Ribeira | E ti, Coñeces a Fórmula? | Punto de Iniciativas Emprendedoras do Concello de Ribeira | De 9.30 a 12.30 h.
  • 19/09/24 Oleiros | E ti, Coñeces a Fórmula? | Obradoiro de Emprego do Concello de Oleiros | De 9.30 a 12.30 h.

Este programa enmárcase:
– No programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social.
– Programa de Empleo, Formación, Educación y Economía Social, EFESO, cofinanciado por el Fondo Social Europeo Plus para el periodo 2021-2027, a través del organismo intermedio CEPES.