Programa: Sensibilización para o Emprendemento Cooperativo
Como primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego e emprendemento en colectivo. A través dun programa de sensibilización achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo.
O coñecemento é esencial para eliminar prexuízos e desinformacións, así como para promover unha mentalidade de colaboración e traballo en equipo.
A programación 2023-2024 realizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop, en colaboración coa Rede Eusumo (Xunta de Galicia), e o Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado por el Fondo Social Europeo Plus para el periodo 2021-2027, a través del organismo intermedio CEPES.
contempla a realización de 10 charlas divulgativas tituladas “E ti, coñeces a fórmula?”, que están destinadas a aumentar o coñecemento e a comprensión sobre os valores e vantaxes do emprendemento en cooperativa, así como concienciar á xente sobre a súa relevancia para fomentar a economía local e o empoderamento das comunidades e colectivos, especialmente no rural, para mulleres e entre a mocidade, por ser unha ferramenta idónea nos procesos de participación e colaborativos.
Coas Charlas cubriremos os seguintes obxectivos:
- Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
- Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
- Visibilizar cómo o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.
Axenda de Charlas programadas na edición 2024-2025:
- 02/08/24 Boiro | E ti, Coñeces a Fórmula? | Concello de Boiro | Viveiro de Empresas, Parque Empresarial Espiñeira, 20, Boiro | De 9.30 a 12.30 h.
- 03/09/24 Vilanova de Arousa | E ti, Coñeces a Fórmula? | Obradoiro de Emprego Vista Real IX, Pazo Vista Real, Lugar Boutrín s/n Caleiro, Vilanova de Arousa | De 8.30 a 11.30 h.
- Próxima actividade 19/09/24 Oleiros | E ti, Coñeces a Fórmula? | Obradoiro de Emprego do Concello de Oleiros | De 9.30 a 12.30 h.
- Próxima actividade 23/09/24 A Laracha | E ti, Coñeces a Fórmula? | A Laracha | De 9.00 a 13.00 h.
- Próxima actividade 24/09/24 Sada | E ti, Coñeces a Fórmula? | Aula CeMIT, Praza da Pescadería, Sada | De 9.30 a 13.30 h. | Programa neste enlace | Inscrición neste enlace
Máis información: contacta a través de 697 877 773 – patane@espazo.coop
Axenda de Charlas programadas na edición 2023-2024:
En 2024
- 07/03/24 Ordes | E ti, Coñeces a Fórmula? | Casa da Cultura de Ordes | De 9.00 a 12.30 h.
- 30/04/24 Ribeira | E ti, Coñeces a Fórmula? | En colaboración co PIE «Programa Integrado de Emprego» do Concello de Ribeira | Na Aula de formación da Lonxa de Ribeira, Porto Pesqueiro s/n | De 9.30 a 13.30 h.
- 24/05/24 Mos | E ti, Coñeces a Fórmula? | Axencia de colocación de Mos – Salón de Actos. Avda. Peinador, 39, Mos. | De 10 a 12.30 h.
- 04/06/24 Vigo | E ti, Coñeces a Fórmula? | Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) do Concello de Vigo |ACTIVIDADE POSPOSTA |
- 26/06/24 O Porriño | E ti, Coñeces a Fórmula? | Aula do segundo andar do Edificio Multiusos de Torneiros no Concello de O Porriño | De 10 a 13 h.
En 2023
- 02/10/23 Ames | E ti, Coñeces a Fórmula? | Obradoiro de Emprego do Concello de Ames | De 9.00 a 11.30 h.
- 21/10/23 Moaña | E ti, Coñeces a Fórmula? | A Talangreira do Beque en Moaña | De 11.00 a 13.30 h.
- 31/10/23 Cangas | E ti, Coñeces a Fórmula? | IES Rodeira en Cangas do Morrazo | De 9.15 a 12.00 h.
- 20/10/23 Betanzos | E ti, Coñeces a Fórmula? | IES As Mariñas en Betanzos | De 9.15 a 12.15 h.
- 28/11/23 Vigo | E ti, Coñeces a Fórmula? | IES A Guía | De 12 a 14.30 h.
- 14/12/23 Chantada | E ti, Coñeces a Fórmula? | IES Val do Asma | De 11.45-14.15 h.
Este programa enmárcase:
– No programa de actuación 2023-2024 e 2024-2025 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social.
– Programa de Empleo, Formación, Educación y Economía Social, EFESO, cofinanciado por el Fondo Social Europeo Plus para el periodo 2021-2027, a través del organismo intermedio CEPES.