Entrevista a Terra Adestramento e Saúde S. Coop. Galega Xuvenil

 

 

 

 

 

Como xorde Terra, adestramento e saúde e que necesidade queriades cubrir cando comezastes o proxecto?

Terra xorde nunha post cena navideña de antigos compañeiros de CCAFD en decembro do 2023. A idea do proxecto era crear un centro de adestramento persoal orientado principalmente ó rendemento e á readaptación de lesións. Foi coa maduración do proceso; a ubicación do centro e o asesoramento externo de persoas especializadas neste tipo de servizos o que nos fixo modificar as prioridades do mesmo e as necesidades a cubrir dentro da sociedade.

A idea foi crear un centro cercano, que falase o mesmo idioma que esas persoas que nunca pisaran un ximnasio porque o visen como algo negativo, debido ós estereotipos creados. Por iso, o obxectivo foi chegar a esas persoas que fosen a vir.  A finalidade era aumentar a súa calidade de vida, a través da mellora da saúde a reducción de dores e a mellora funcional, a través dunha reeducación postural e mellora na calidade do movemento.

Que significado ten para vós ser unha cooperativa xuvenil dentro do ámbito do deporte e da saúde?

Para nós crear este proxecto, sendo aínda cooperativa xuvenil, foi aportar unha nova e renovada visión ó ámbito do fitness. Unha das razóns de elixir o modelo cooperativista foi aportar diferentes puntos de visión nun sector que cada vez ten maiores nichos de coñecementos, o que dificulta que un único individuo poida especializarse en todos eles, por iso, compartir unha visión plural e multidisciplinar, só se pode entender dende o traballo de varias persoas. Seguindo o fío desto, sendo cooperativa xuvenil podemos aportar un coñecemento novo e recente, actualizado as últimas evidencias científicas, algo elemental para un sector que require dunha reciclaxe continua, para adaptarse ás novas tendencias.

O ámbito do deporte e a saúde é cada vez máis importante na sociedade. Cada vez un maior número de persoas fan deporte e apostan pola súa saúde, polo que esa confianza debe ser devolta creando ecosistemas de traballo diversos, plurais e rigorosos. Por iso, abarcar un amplio campo de coñecemento resulta fundamental para o bo funcionamento desta tendencia, e que poida perdurar nos anos.

Que factores vos levaron a optar polo modelo cooperativo fronte a outras fórmulas empresariais?

A idea de escoller o modelo cooperativo por diante doutro tipo de sociedaes, foron as facilidades creadas para a execución do proceso. Este tipo de modelo, permitíanos un menor desembolso económico, o que nos permitía invertir todo o capital no material necesario para a adecuación do centro. Por outro lado, a nivel económico tamén nos compensaba polo tipo e axudas ofertadas á economía social, destacar o programa APROL. Por último, a idea de crear un modelo onde os tres socios tivésemos o control total da economía da sociedade e ámbolos tres, tivésemos as mesmas responsabilidades e o mesmo poder de elección, motivounos a seguir con este modelo e dar respostas ás necesidades físico-deportivas da poboación desde un modelo cooperativista, no que quizáis nun futuro se poida compartir ou abrir novas liñas, que permitan crear unha rede máis grande.

Cal foi o maior desafío nos primeiros pasos da cooperativa, desde a idea inicial ata a posta en marcha do centro deportivo?

O maior desafío que tivemos á hora de iniciarnos no cooperativismo, foi a dificultade en moitos casos para atopar información relacionada co propio modelo que queríamos seguir para a elaboración da sociedade. Como xa dixemos nun pequeno coloquio ó que asistimos en Pontevedra, ata a aparición de Teresa, e por ende EspazoCoop, nos nosos camiños, os pasos que lográbamos dar eran lentos e en moitos casos engorrosos.

Dito contacto con ambos foi o que nos permitíu aclarar os conceptos, reorganizar as ideas e poder empregar o tempo de forma máis efectiva na constitución da sociedade. Estas facilidades que nos aportaron, permitíunos centrarnos no proceso máis relacionado co propio desenvolvemento do centro: organización de horarios, prestación de servizos, metodoloxías a empregar, campañas de publicidade e de darnos a coñecer, ademáis de permitirnos traballar na propia transformación do local, axudando ós operarios, para chegar a tempo a tan ansiada presentación en sociedade.

Como definiríades a vosa forma de traballar e que diferenza a Terra doutros centros de adestramento persoal?

A nosa forma de traballar definiríamola como unha metodoloxía baseada nunha planificación orientada en mellorar a calidade de vida e saúde das persoas dende o movemento e centrada sobre todo no trato coas persoas. A nosa idea como centro é poder construir relacións sás coa actividade física, que permitan a adecuación e estabilización de hábitos que perduren na vida dos clientes.

A nivel máis específico, como centro gústanos dar unha resposta clara, concisa e adaptada ás necesidades das persoas. Por iso, dende terra planificamos de maneira grupal entre todos os adestradores os contidos a desenvolver durante a semana, para facilitar a labor dos traballadores. Ademáis, esta estructuración permite agrupar os obxectivos e estandarizar as respostas ós clientes, o que provoca unha menor variabilidade entre sesións, en caso de que un usuario poida realizar varios adestramentos á semana cos diferentes profesionais, que forman parte do proxecto.

Para rematar con esta resposta, gustaríanos salientar que a forma de traballar é un comportamento que marca a idiosincrasía da sociedade, e que polo tanto, debe ser o punto de partida no inicio de calque toma de decisión importante.

En que momento do proceso emprendedor entrastes en contacto con EspazoCoop e que vos levou a achegarvos á entidade?

Pois no momento de constitución da sociedade no rexistro de cooperativa de Galicia, seguindo os pasos que estaban marcados na asesoría virtual de cooperativas de Galicia. Neste punto, démonos conta, que como sociedade cooperativa galega xuvenil que estabamos a formar, non era necesario a firma ante notario dun documento de acta público. O que nos levou a buscar polo documento privado de constitución, o cal, non o encontrábamos por ningún lado, ata que nos puxemos en contacto co rexistro de cooperativas. Dende a asesoría virtual puxéronnos en contacto con Teresa Balado, que foi á que nos iluminou en ese momento, cunha aclaración conceptual sobre o cooperativismo, xa que non coñecíamos moito o funcionamento deste modelo. Foi Teresa, quen nos explicou que era EspazoCoop, e como dende a asociación nos podían axudar neste proceso.

Que papel xogaron os programas de apoio ao cooperativismo, como EspazoCoop Emprende, no desenvolvemento da vosa cooperativa?

EspazoCoop foi clave no desenvolvemento de TERRA como sociedade cooperativa. Como se mencionou no anterior punto, nun primeiro lugar facilitándonos a constitución da sociedade no rexistro de cooperativas, aportándonos a documentación necesaria. En segundo lugar, na presentación e tramitación das axudas APROL, tanto no seu programa individual como colectivo, o apoio de EspazoCoop no acompañamento foi clave na resolución exitosa das mesmas. Por último, pero non menos importante, a nivel de xestión fiscal e laborar da sociedade, xa que a través desta entidade, contactamos coa xestoría encargada de ditos trámites, coa cal compartimos modelo cooperativo.

Que ferramentas, coñecementos ou acompañamento recibidos considerades que foron clave para consolidar o proxecto?

Consideramos clave o acompañamento continuo que se recibíu, xa que permitíu acelerar o proceso. Con isto, podíamos centrarnos en certos momentos puntuais, en organizar o proceso como centro de adestramento, desenvolvendo aquelas situacións máis prácticas diarias do noso traballo, as cales, nos permiten mellorar como sociedade. Aínda que se tivéramos que quedarnos cun aspecto clave, sería o acompañemento coas axudas APROL, xa que para a sociedade foi un desafogo importante no momento onde chegaron. Isto permitíunos aumentar a inversión coa que iniciamos; comprando máis material deportivo e podendo dispoñer de materiais de almacenaxe, que nos facilitaban unha mellor distribución da sala e de maior espazo útil, para o desenvolvemento das sesións.

Que aprendizaxes destacaríades da vosa experiencia como cooperativa no sector do deporte e da promoción da saúde?

A nivel xeral, dende que iniciamos o proxecto, destacamos a operatividade que somos capaces a ter na resolución de problemas no día día, accións que ó principio nos levaba un día enteiro xestionalas, agora mesmo temos unha maior autonomía, que nos permite resolver antes nestas situación. A nivel cooperativo podemos destacar a capacidade de poder chegar a acordos fácilmente. Antepoñer os intereses da sociedade ós nosos persoais, o que en moitas situacións implicou non estar ao cen por cen dacordo coas túas ideas, pero facer valer as da maioría da sociedade. Ese sin duda, foi o punto que máis destacamos en este curto pero intenso camiño como cooperativa.

Que consellos lle daríades a outras persoas novas que estean a pensar en emprender a través dunha cooperativa?

Nós, animaríamos a todo o mundo que está pensando en emprender como sociedade cooperativa, que se decidan por elo. É un modelo que ofrece oportunidades para os xóvenes e facilidades para a súa xestión, como poden ser os beneficios derivados de ser cooperativa xuvenil. Ademáis, existen axudas moi interesantes, que permiten atenuar os gastos derivados das inversións iniciais para o desenvolvemento do proxecto, o que ofrece unha certa garantía e tranquilidade para o funcionamento da sociedade.