Liderado Grupal

[ Estratexias para equipos de traballo en centros de ensino ]

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a xornada Liderado Grupal: Estratexias para equipos de traballo de centros de ensino, o Sábado 4 de Maio de 2019 en Santiago de Compostela, de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 18.30 h., na Cidade da Cultura, Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela.

Programa AQUÍ | Inscrición AQUÍ | Cartel AQUÍ

Prazo de inscrición: ata o xoves 2 de maio de 2019 ás 14 h. !

 

IMPARTE

Sesión matinal:

– Miguel Ángel Moral Salvidegoitia. Licenciado en ciencias matemáticas, e Máster en xestión de empresas. Actualmente é Director da Fundación Colegio Vizcaya Fundazioa. Foi Mestre e socio da cooperativa de ensino Colexio Vizcaya durante máis de 35 anos (ata 2018), ademais de director. Cunha longa experiencia no movemento cooperativo foi membro e participou na Sectorial de Ensino de Erkide, en UECoE, en Ikasgiltza, ten experiencia como conselleiro en Innovación Social, está no Grupo Avanzado de Calidade en Educción de Euskalit, no Forum Europeo de Administradores/as do Ensino e na Asociación de Graduados/as en Máster de xestión de empresas.

Durante a súa traxectoria profesional na cooperativa de ensino, Colexio Vizcaya, o centro obtivo diversos premios, entre outros destacamos: 

  • Premio Aixe Getxo (no apartado de Educación e Valores) – 2018
  • Premio Internacional á Innovación no Sector Educativo – 2017
  • Europe Region of the International Co-Operative Aliance (modelo de boas prácticas en Euskadi) – 2014

Sesión tarde:

– Nosa Enerxía. Nosa Enerxía é unha cooperativa de consumidoras e usuarias. O obxecto de Nosa Enerxía é a comercialización de enerxía de orixe renovable para as socias/os, proporcionando un servizo de calidade a un prezo xusto.– Teixugo. Teixugo é unha empresa Cooperativa froito do traballo en común de varios profesionais procedentes de campos como a Bioloxía, a Educación Ambiental, Maxisterio, Pedagoxía e o Conservacionismo. Contan cunha ampla experiencia de máis de vinte anos no ámbito da Educación Ambiental e na Xestión de distintos proxectos ambientais. Todos os seus traballos van encamiñados á concienciación e capacitación das persoas nos conceptos do desenvolvemento sostible, coñecemento e conservación do medio ambiente, así como o estudio e recuperación do noso patrimonio cultural, etnográfico e histórico.

POR QUE PARTICIPAR NESTA XORNADA?

1| Con esta formación reflexionarás e mellorarás as capacidades e as estratexias para o Traballo Colaborativo no centro de ensino (flexibilidade e eficiencia)

2| Tamén coñecerás o Proxecto ‘Escolas Sostibles’ (sensibilización ambiental, ecoauditorías escolares, auditorías de centro, plans de mellora ambiental, … e mesmo coñecerás como aforrar enerxía e ser máis eficiente enerxéticamente)

>> Programa  AQUÍ 

METODOLOXÍA

Metodoloxía de traballo que combian o coñecemento teórico, coa experiencia práctica, exercicios de autoreflexión, simulacións, debates e demostracións.

PARA QUEN?

Terán prioridade as cooperativas de ensino asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop e os centros de ensino de economía social de Aces Galicia: socias/os e asalariadas/os que estén en áreas de dirección, consellos reitores, claustros, ou postos relacionados coa temática desta xornada.

Pero a xornada tamén está destinada a outros centros de ensino, profesionais da educación, e público interesado.

———

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social