A Mostra do Posible é un evento que pretende divulgar o traballo dos Movementos Sociais e das entidades da Economía Social e Solidaria. Trátase dun encontro para visibilizar os colectivos, organizacións e empresas que están desenvolvendo alternativas reais nas que apoiarse para construír entre tod@s un mundo máis xusto. Este ano celébrase a III edición, unha vez máis, en Cangas do Morrazo.
Será os días sábado 5 e domingo 6 de outubro.
Na mostra colaboran: REAS Galicia – Concello de Cangas – A Tiradoura
PROGRAMACIÓN