A vosa voz é fundamental
Chamada ás socias para participar na Planificación Estratéxica de EspazoCoop 2026-2029
En EspazoCoop abrimos un novo proceso de planificación estratéxica para o período 2026-2029. Poñemos en marcha consultas e espazos de reflexión para recoller aquelo que nutrirá a estratexia a seguir ata 2029.
A vosa voz é fundamental, por elo, queremos convidarvos a participar nas accións que estamos a organizar para que vos sumedes a elas. Son accións coas cooperativas, o consello reitor, o equipo técnico e axentes clave, que inclúen enquisas, entrevistas, e grupos focais (sesións presenciais de traballo, análise, discusión e reflexión).
Rematado o período no que estivo en vigor o plan anterior, cómpre avaliar o traballo feito para avanzar cara ou futuro. Os últimos catro anos foron moi intensos en traballo, retos, e cambios. Conscientes de que hai que saber cara onde nos diriximos, queremos contar con vós para revisar o feito e planear o futuro.
A empresa nGloba Strategy será a encargada de dinamizar o proceso de planificación. Os seus traballos irán de febreiro a setembro de 2026, así, o vindeiro venres 27 de febreiro organizamos dous grupos de discusión con cooperativas, como parte da fase de identificación de novas necesidades e retos. O primeiro dos grupos de 12-14 h. e o segundo de 16-18 h., en Santiago de Compostela.
ANIMÁMOSVOS A SER PARTÍCIPES DO FUTURO DA UNIÓN, con vós será posible:
Premede AQUÍ para rexistrarvos á sesión de cooperativas na que ides participar (mañá ou tarde).
Sobre as cooperativas rexistradas realizaremos unha selección.
Esta reflexión non tería sentido sen a vosa achega e colaboración, e por iso pedímosvos que participedes nos grupos de discusión abertos á base social que organizamos durante este proceso.
Agradecemos de antemán a vosa axuda, que é vital para definir as liñas de traballo máis relevantes para as cooperativas asociadas.
O Consello Reitor da Unión de Cooperativas EspazoCoop