A Unión de Cooperativas EspazoCoop dá continuidade ao Programa de Formación Especializada destinado prioritariamente para as cooperativas socias, tamén para outras cooperativas e organizacións de economía social e no que a participación no mesmo non supón ningún custo para elas porque está subvencionado.
Trátase dunha formación modular orientada a persoas con responsabilidades directivas e xerenciais, en temáticas de xestión empresarial, liderado ou innovación entre outras máis.
Iniciou en xuño de 2018 co primeiro dos módulos ‘Ferramentas para a Innovación: design thinking’, a finais de outubro de 2018 celebrouse o segundo módulo ‘Direción e Xestión Financeira nas Cooperativas’, en febreiro de 2019 impartiuse o terceiro ‘Liderado Cooperativo e Xestión de Equipos’ e continúa agora co módulo 4 a través da seguinte proposta formativa :
Sácalle partido!
Comercia, comunica e vende
Os luns 15 e 22 de Abril de 2019 en Santiago de Compostela – de 9.30 a 14.30 e de 16.00 a 18.30 h. – Rúa Tomiño 22, baixo (Sede de Agaca) – Duración do módulo 15 horas.
Programa aquí | Inscrición aquí | Cartel aquí
IMPARTEN
POR QUE FACER ESTA FORMACIÓN?
1| Con esta formación mellorarás as capacidades e procedementos na xestión empresarial, para aplicar nos sistemas de dirección e xestión en cooperativas, coñecerás boas prácticas, e ferramentas de utilidade.
2| Tamén se busca favorecer as relacións e o coñecemento entre as cooperativas que participen, e que esto permita establecer colaboracións futuras entre elas. É dicir, coñecerás posibles aliadas e colaboradoras.
CONTIDOS E PROGRAMA
Trataremos e traballaremos catro módulos de contido:
- Introducción ás vendas
- Técnicas de vendas
- Comportamentos das persoas consumidoras e usuarias
- Comunicación comercial
>> Programa aquí
METODOLOXÍA
Metodoloxía de traballo que combian o coñecemento teórico, coa experiencia práctica, exercicios de autoreflexión, simulacións, debates e demostracións.
PARA QUEN?
Preferentemente para cooperativas asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop: socias/os e asalariadas/os que estén en áreas de dirección, consellos reitores, ou postos relacionados coa temática desta acción formativa.
Tamén outras cooperativas e organizacións de economía social.
———
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social