Programa «Ecosistema Emprendedor en la Economía Social» [Concello de Santiago de Compostela]

 

 

Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social e cooperativa.

Financiado polo Concello de Santiago de Compostela.

Período: Dende 2020 – En curso.

A Unión de Cooperativas EspazoCoop ven realizando programas de fomento do cooperativismo e a economía social en colaboración co Concello de Santiago dende o ano 2020.

O proxecto de accións do Concello para o ámbito da economía social ten por finalidade e obxectivos :

> Impulsar un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social na contorna de Santiago de Compostela.

> Achegar ás persoas prescriptoras de emprego e emprendemento, das diferentes entidades e organizacións, as especificidades, características e vantaxes do emprendemento cooperativo e a economía social.

> Visibilizar e divulgar entre a poboación en xeral os modelos de empresas de Economía Social e o das cooperativas en particular como fórmula de creación de emprego estable e de calidade, fixación da poboación, acceso das mulleres a postos de responsabilidade e limitación da fenda salarial, recuperación de empresas en crise, etc.

> Dar a coñecer a persoas en proceso de busca de emprego, persoas interesadas en incorporarse ao mercado de traballo a través do emprendemento colectivo, grupos promotores de cooperativas, profesionais autónomos interesados en compartir servizos, recursos, investimentos, etc. o modelo de emprendemento cooperativo.

 

A Programación de actividades para 2024 está distribuída en catro liñas de traballo

[ Formación especializada ] ofrece 4 cursos especializados en materia cooperativa:

Xestión de cooperativas: facturación e fiscal, 26 de xuño; Xestión laboral de cooperativas, 3 de xullo; Intercooperación: poñendo en valor a arte de cooperar, 10 xullo; e Organización e xestión societaria de cooperativas, o 17 xullo.

Os catro cursos ofrecen un total de 20 horas de formación especializada entre os meses de xuño e xullo de 2024.

+ Información: neste enlace

[ Xornada Mulleres líderes na economía social ] que contempla a realización dunha xornada sobre mulleres e liderado en empresas de economía social o 1 de outubro na Casa Xohana Torres de Santiago de Compostela.

+ Información: neste enlace

[ Asesoramento a cooperativas e apoio ao emprendemento ] con asesoramento e acompañamento a persoas interesadas no emprendemento en cooperativa no Concello de Santiago de Compostela. Tamén, con asesoramento a cooperativas en funcionamento para a súa mellora empresarial e societaria.  Este servizo conta cun fondo de 100 h. ata o 15 de outubro de 2024.

[ Roteiro Cooperativo ] desenvolvemento de varias edicións dunha ruta na que visitar cooperativas coa finalidade de dar a coñecer e identificar cooperativas que están presentes, no día a día da cidadanía ao tempo que promocionar o modelo cooperativo, identificándoo con proxectos viables. A realización desta actividade realizarase no mes de setembro de 2024 e contarán con 4 edicións.

+ Información: neste enlace

+ Folleto do programa, neste enlace: ECOSISTEMA EMPRENDEDOR NA ECONOMÍA SOCIAL 2024

Novas relacionadas:

Novas relacionadas edición 2023:

Folleto informativo 2023: Roteiros Cooperativos