‘Economía social Meeting’ 30/setembro/2019:
PROCESOS DE INTERNACIONALIZACIÓN
O luns 30 de setembro o Foro pola Economía Social Galega celebra unha sesión dentro do Programa ‘Economía social Meeting’ destinada a cooperativas, sociedades laborais e outras organizacións de economía social que estén interesadas en procesos de internacionalización.
Será unha acción de 2 horas de duración, realizada de xeito colaborativo coas entidades do Foro: Agaca, Aesgal, Unión de Cooperativas EspazoCoop, Cegasal e Aeiga, co obxetivo de crear un lugar de encontro, coñecemento e colaboración ao redor da Internacionalización.
Data e horario: Luns 30 de setembro 2019 | De 11 a 13 horas.
Lugar de celebración: Santiago de Compostela | Sede de Agaca, Asociación de Cooperativas Agrarias na rúa Tomiño 22, entreplanta.
PROGRAMA: Aquí | CARTEL: Aquí | INSCRICIÓN: aquí
Economía Social Meeting trata de facilitar a xeración de oportunidades de negocio e proxectos en común. Creando contextos para ofertar e demandar, xerando interaccións entre todas as organizacións participantes.
CONVOCA: Unión de Cooperativas EspazoCoop || Colabora: Agaca, Asociación de Cooperativas Agrarias.
Actividade do Foro pola Economía Social Galega
[ Esta acción enmárcase na programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social ]