[ Economía Social A Coruña ] 2020

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello da Coruña manteñen un programa de colaboración sobre ‘Emprendemento e Divulgación da Economía Social’ durante 2020 que está conformado por un conxunto de accións que buscan apoiar o cooperativismo na cidade da Coruña.

Ambas entidades impulsan un programa con tres eixos de acción que permiten dotar as cooperativas da área da Coruña e a grupos promotores de empresas cooperativas, de servizos de formación, asesoramento e acompañamento especializado, que poden axudar a minimizar o impacto da crise pola covid19, resolvendo as principais cuestións laborais, xurídicas, económicas, organizativas , fnanceiras ou comerciais.

O Servizo prestará soporte para superar a crise actual do mundo do traballo, tratando de evitar no posible a perda de emprego cooperativo ou o peche de cooperativas e empresas de economía social na Coruña.

Tres liñas de intervención.

1| PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO PARA RE-INICIO DE ACTIVIDADES
Asesoramentos e acompañamentos, tanto para cooperativas en marcha como para grupos promotores, con especial incidencia en empresas en crise, persoas autónomas para agrupar servizos, recursos, e investimentos.

Do mesmo xeito, favorecer a creación de cooperativas conformadas por colectivos con especiais dificultades de inserción ou que proveñan de empresas en crise para tratar de minimizar o impacto no emprego da área e atopar saídas de autoemprego colectivo que contribúan ao mantemento da actividade empresarial.

2| PROGRAMA DE ASESORAMENTO ECONÓMICO-FINANCEIRO, FINANZAS ÉTICAS E COOPERATIVAS
Asesoramento especializado na área de financiamento, con foco na banca ética e de base cooperativa, para entidades de Economía Social e Solidaria.

Servizo prestado presencialmente e a distancia, por un técnico especializado para informar sobre as entidades que operan e posibilidades do financiamento ético para proxectos de emprendemento e empresas en funcionamento a través de entidades da Economía Social como Fiare, Coop57, Triodos Bank…

Folleto informativo do Servizo

3| PROGRAMA DE TELEFORMACIÓN
Itinerario de 2 cursos de emprendemento e plan de empresa cooperativo de 20 horas cada un, dirixido a distintos colectivos. A cooperativas en marcha que teñan interese en reformular a súa actividade ou explorar novas áreas de negocio, como para grupos promotores.

Cursos programados:

Capacidade de adaptación do Cooperativismo

Se por algo se ten caracterizado o cooperativismo ao longo da historia, é pola súa resistencia e capacidade de adaptación. En relación coas anteriores crises económicas, o cooperativismo ten demostrado que a súa organización democrática e participativa e os seus principios e valores son factores que contribúen ao mantemento de postos de traballo e a actividade económica, pero compre axudar ás cooperativas,  especialmente as máis golpeadas por esta crise, mediante procesos de acompañamento, de intercambio de boas prácticas, atendendo necesidades, aportando recursos e facilitando formación aplicada e práctica, nos ámbitos estratéxicos e de planeamento para que, do mesmo xeito que noutras ocasións, se poda sair desta crise cooperando.


CONTÁCTANOS para solicitar máis información, cita previa de atención, e demandar estes servizos : 881 886 456 | info@espazo.coop | www.espazo.coop