A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop ofréceche un recurso gratuíto, abre a convocatoria de Bolsas xerenciais en Cooperativas.
Esta convocatoria está dirixida a: cooperativas, con prioridade para cooperativas socias de Espazocoop.
- Queres contar cunha persoa titulada con formación empresarial, durante 6 meses, para realizar funcións xerenciais e mellorar este ámbito da cooperativa?
- Sodes unha cooperativa que quere mellorar e impulsar a área da xerencia?
- Non contades con persoal cualificado e específico para desempeñar a xestión empresarial e directiva da cooperativa?
Solicita unha bolsa xerencial, prazo: 28 de abril de 2017.
Contar cunha persoa bolseira dará a posibilidade de analizar, deseñar, planificar e desenvolver accións de mellora na xestión da cooperativa, e o fará co apoio dunha persoa titora de Espazocoop, en coordinación coa cooperativa e adaptándose ás necesidades e demandas desta.
Fai clic, para descargar: Convocatoria de Bolsas de xerencia en Cooperativas 2017
Fai clic, para descargar: Solicitude de Bolsas 2017
Fai clic: Formulario de datos da cooperativa (necesaria a súa cumprimentación en liña para formalizar a solicitude)
Sabías que menos do 25% das cooperativas de traballo galegas conta con xerencias profesionalizadas?
As bolsas xerenciais teñen amosado que son unha ferramenta de utilidade, as cooperativas que xa participaron consideraron moi positiva a experiencia, tanto o apoio que deu aos seus proxectos cooperativos, como os resultados do traballo feito polas persoas bolseiras, contribúen a esa valoración.
A diagnose feita para a cooperativa, as propostas de mellora que se plantexaron, incluso que se levaron a cabo, así como a aprendizaxe mutua no ámbito xerencial que experimentan, fan que lles resulte un instrumento de apoio na evolución empresarial ben interesante. O balance acumulado, lévanos a dar continuidade ao programa e a por en marcha unha nova convocatoria.
Convoca:
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas.
Colabora:
Coceta – Fondo Social Europeo.