Subvencións para realizar iniciativas de promoción da economía social por parte de entidades da Rede Eusumo
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abriu a convocatoria das subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para as anualidades 2025 e 2026.
Finalidade das axudas
A súa finalidade é a realización de actividades de promoción, visibilización e desenvolvemento da economía social a través de accións de formación, divulgación e asesoramento, fomentando a aptitude emprendedora e a creación e consolidación de emprego por parte das entidades colaboradoras da Rede Eusumo.
Destinatarias das axudas
– As asociacións de entidades de economía social
– Os concellos de Galicia e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais
– As cámaras de comercio
– As universidades
– As fundacións e asociacións e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais
Actividades subvencionables
Actividades xerais de promoción de economía social
1- Actividades de divulgación
2- Actividades de asesoramento
3- Actividades de formación
Actividades relativas aos sectores específicos da economía social
Son subvencionables as actividades de carácter divulgativo, de asesoramento e formativo que estean dirixidas a fomentar o emprendemento nos seguintes sectores específicos da economía social: economía dos coidados; agroalimentación, produtos locais e alimentación sostible; economía circular e xestión de residuos; enerxías renovables e transición enerxética; industrias culturais; novas tecnoloxías; intelixencia artificial; transporte e mobilidade.
1- Actividades de divulgación
2- Xeración de novo coñecemento en economía social
3- Formación para a creación e consolidación de proxectos de economía social
4- Asesoramento e apoio a proxectos de economía social
5- Difusión e visibilización da economía social
Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 8 de marzo de 2025.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Consulta a convocatoria neste enlace
O importe destinado a esta convocatoria para as anualidades 2025 e 2026 é de 690.000 €.
Deja tu comentario