A Secretaría Xeral da Igualdade convocou as axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Beneficiarias:

Empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes.

Debe tratarse de empresas coa categoría de micro ou pequenas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten: empresarias individuais, sociedades civís ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.

Obxeto:

Teñen por obxecto apoiar e fomentar o emprendemento feminino en Galicia e a creación de emprego, por conta propia e por conta allea, para mulleres.

Liñas e importes:

 a) Liña Emprende: incentivos desde 12.000 € ata 22.000 €.

b) Liña Innova: incentivos desde 15.000 € ata 22.000 €.

c) Liña Activa: incentivos desde 6.000 € ata 18.000 €.

d) Liña ITEF: incentivos desde 18.000 € ata 50.000 €.

e) Axuda complementaria Concilia: Concilia-promotoras: incentivo de 3.000 €. Concilia-persoas traballadoras por conta allea: incentivo de 1.000 € a 5.000 €.

f) Axuda Dual: incentivo de 500 €.

Prazo de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (publicado o 1 de xullo de 2016 no DOG nº 124).

Máis información, bases reguladoras, documentación, e acceso á Sede Electrónica: Aquí