Programa de Internacionalización do sector agroalimentario galego consiste na prestación de servizos de asesoramento a empresas cooperativas do sector agroalimentario para o acceso rápido a mercados exteriores.

¿Formas parte dunha cooperativa do sector agroalimentario? ¿Queredes ampliar os vosos mercados xeográficos?

A Consellería de Traballo e Benestar e a Escola de Organización Industrial promoven un programa de asesoramento no acceso a mercados exteriores para cooperativas galegas do sector agroalimentario.

O programa desenvolverase en toda Galicia e o seu obxectivo é facilitar ás empresas cooperativas un acceso a mercados exteriores.

¿A quen vai dirixido este programa?

Este programa está dirixido prioritariamente a cooperativas agroalimentarias de Galicia con potencial para ampliar os seus mercados xeográficos en canto a actividade comercial no exterior.

¿Como podes participar no programa?

Fai clic : PROGRAMA e FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN