II Feria de Emprendedoras de Compostela Economía Social

A II Feira de Emprendedoras de Compostela Economía Social organizada pola USC e o Concello de Santiago celébrase do 26 ao 31 de outubro. Nela participarán entre outras, mulleres de cooperativas socias da Unión na Mesa de debate «Empresas consolidas referentes»: Amarelas e Rayados . Tamén está convidada a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira, que intervirá na Mesa redonda «As persoas no centro da organización: empresas de economía social, liderado motivacións»,  ambas mesas o sábado 31 pola canle youtube que emitirá en directo. 

Esta Feira de Outono está dirixida a mulleres emprendedoras da área de Compostela que teñen entidades de Economía Social.

É un evento semipresencial: hai partes que se levan a cabo presencialmente e outras online. Especificamos agora como se fai cada unha.

Temáticas das que se falará:

  • Inovación en emprendemento.
  • Economía Social – Responsabilidade Social das empresas: «As persoas no centro das organizacións».
  • Responsabilidade Ambiental das empresas: a transformación da nosa contorna é unha das responsabilidades que deben traballar as empresas, algo co cal a clientela está concienciada cada vez máis e esixe.
  • Emprendementos de éxito liderados por mulleres que siguen estas fórmulas de responsabilidade.
  • crise xerada pola Covid -19 e posibles solucións a ela.

As modalidades de participación son as seguintes:

TALLER FORMATIVO DE DESIGN THINKING (semipresencial e gratuíto).

?De luns 26 de outubro – xoves 29 de outubro: formación online e durante aprox. 20 minutos/día.

Máximo 25 mulleres. Faranse 5 equipos de 5 mulleres.

Crearemos un postre a través do Desing Thinking. A idea é ensinarnos a ser creativas para empatizar coa nosa clientela, definila e idear o produto axeitado para ela.

?Venres 30 de outubro: 18:00 – 19:00 h. Presencial na Aula Gastro da Praza de Abastos de Compostela.

1 muller de cada equipopresenta o produto final e dallo a probar á súa clienta.

Feedback de si é ou non o produto que a clienta estaba buscando.

FEIRA EXPOSITIVA CON CASETAS PARA VISIBILIZAR ÁS MARCAS E OS SEUS PRODUTOS: Presencial, na Praza de Abastos e gratuíto.

?Sábado 31 de outubro: 10:30 – 13:00 h.

Aparte de participar cunha caseta na Feira, faranse entrevistas ás emprendedoras, que se emitirán por streaming, en directo, para axudar a difundir as súas entidades. 

PARTICIPAR COMO PÚBLICO NA PLATAFORMA: gratuíto.

Poderase seguir o evento en directo, a través da canle de Youtube de Woman Emprende, ao longo de toda a mañán do sábado, día 31 de outubro, e escoitar o que contan as expertas nas distintas materias. Tamén darase a coñecer e debatirase con empresas consolidadas de éxito, lideradas por mulleres e que crean un tecido empresarial responsable.

Enlace á canle de Youtube. Aparte de atopar o vídeo explicativo do evento, pódese seguir o encontro, no directo, a través desta canle: https://youtu.be/ICb50G7Vm98

– Enlace ao formulario de inscrición:

https://docs.google.com/forms/d/1h8Jn4dSVuEFNji8_ntpRKnMaDXG4FM2UFMZoOuYSVCg/viewform?edit_requested=true

– O cartel e o programa do evento.

– As RRSS para seguir a comunicación da Feira: