Desde a Fundación ONCE, co apoio do Fondo Social Europeo, chega a iniciativa para contratar mocidade en 2017 con diversidade funcional,  que está ligada ao programa de intercooperación en economía social, da que UECOE é socia estratéxica e preferente para a Fundación.

Link da nova publicada por EFE http://www.efeempresas.com/noticia/fundacion-once-crea-un-programa-para-contratar-jovenes/

A Fundación está convencida de que a economía social é unha das máis importantes palancas do emprego, se ben é preciso dotar ás organización de estímulos e apoios concretos e reais para axudar aos obxetivos.

ONCE lanza unha convocatoria de axuda para a contratación, durante este ano 2017, de mocidade con diversidade funcional recoñecida (superior ao 33%). Finánciase o 80% de salario bruto anual, para calquera tipo de contrato, dende a modalidade do contrato, entre doce e dieciochos meses, coa única condición de que a persoa moza ( entre 16 e 29 anos) contratada esté como mínimo contratada durante seis meses e que esté inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Non hai  límite en canto ao número de persoas que cada organización quera contratar.

Link da convocatoria:

http://www.fundaciononce.es/sites/default/files/01_convocatoria_plan_primer_empleo_poej.pdf

Dende os servizos de intermediación de FSC Inserta www.fsc-inserta.es  apoiarán a búsqueda de persoas candidatas para os diferentes postos de traballo que se desexen cubrir co apoio desta convocatoria.