Bono Consolida Economía Social 2024

Abriu a convocatoria de axudas para o apoio á consolidación de cooperativas e as demais entidades da economía social, Bono consolida economía social para a anualidade 2024.

A finalidade das axudas, segundo a orde, é apoiar a consolidación das entidades da economía social e reforzar a súa presencia no tecido económico de Galicia co fin de incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade.

Poden ser beneficiarias desta convocatoria as:
  • sociedades cooperativas.
  • sociedades laborais.
  • empresas de inserción.
  • centros especiais de emprego.

Con antigüidade de 42 meses.Os conceptos subvencionables son:

  • Equipamento informático.
  • Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas Web.
  • Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
  • Mellora na eficiencia enerxética.
  • Adquisición de equipamento.
  • Reforma do centro de traballo.
  • Mobiliario.
  • Obtención de certificacións de calidade.
  • Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
  • Plan de Protección de datos.
  • Elementos de transporte.
  • Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estén dados de alta no Reta.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 25 de marzo de 2024 ou ata esgotar crédito, polo que é aconsellable presentalas o antes posible.

CONSULTA a orde completa NESTE ENLACE