Bono Consolida Economía Social 2023

 

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convocou as subvencións para o apoio á consolidación de cooperativas e demais entidades da economía social de Galicia «Bono consolida economía social» para a anualidade 2023.

 

A finalidade das axudas, segundo a orde, é apoiar a consolidación das empresas e entidades da economía social e reforzar a súa presencia no tecido económico de Galicia co fin de incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade.

Poden ser beneficiarias desta convocatoria as:

  1. Sociedades cooperativas.
  2. Sociedades laborais.
  3. Empresas de inserción.
  4. Centros especiais de emprego.

Os conceptos subvencionables son:

  1. Equipamento informático.
  2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas Web.
  3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
  4. Mellora na eficiencia enerxética.
  5. Adquisición de equipamento.
  6. Reforma do local de negocio.
  7. Mobiliario.
  8. Obtención de certificacións de calidade.
  9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
  10. Plan de Protección de datos.
  11. Elementos de transporte
  12. Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estean dados de alta no RETA.

A contía da axuda será do 90 % do custo total dos gastos subvencionables, cos seguintes límites:

  • 5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos subvencionables 3, 8, 9, e 10.
  • 600 € para cada actividade formativa que realice cada persoa socia da entidade que estea inscrita no RETA.

O limite máximo das axudas establécese en 30. 000 € por cada entidade solicitante.

Procedemento de concesión: concorrencia non competitiva.

É dicir que, a concesión das axudas atenderá á orde de chegada das solicitudes, sempre e cando se cumpran os requisitos e condicións esixidas, sen que se comparen as solicitudes recibidas. Polo que convén presentar as mesmas o antes posible.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 15 de setembro de 2023.

Consulta a orde completa premendo aquí.

Se queres consultar o folleto da axuda preme aquí.