8ª edición do Premio «Emprendemos. Fomento do emprendemento cooperativo na escola»
A Unión Española de Cooperativas de Ensino (UECoE) e Grupo Cooperativo Cajamar convocaron a oitava edición do Premio “Emprendemos. Fomento do emprendemento cooperativo na escola”, dirixido ao fomento da cultura emprendedora entre os escolares que estean a cursar 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional.
Con esta iniciativa ambas entidades queren contribuír a fomentar e compartir desde a escola os principios e valores que identifican o cooperativismo e a economía social, así como dar visibilidade e recoñecemento a proxectos que veñen desenvolvendo os centros educativos para impulsar a cultura emprendedora e a aptitute empresarial.
Estas son as bases de participación con toda a información do Premio e o Anexo -modelo orientativo de memoria do proxecto a concursar- :
Dende as bases de participación poderase cumprimentar o formulario de inscrición para poder participar e en concreto desde este enlace: https://forms.gle/fC6x2YkpUiDCNPxA6
A inscrición ao Premio está aberta ata o 7 de febrero de 2025 e a partir desa data e ata o 30 de abril de 2025 poderanse enviar os proxectos a concursar.
UECoE e o Grupo Cooperativo Cajamar queren con estes premios valorar aquelas iniciativas que desenvolvan a aptitude emprendedora na aula e nas que destaquen, a orixinalidade, grao de madurez e carácter innovador; viabilidade profesional, comercial, técnica, legal e económica; incorporación de elementos de desenvolvemento tecnolóxico; capacidade para desenvolver traballo en equipo; capacidade de implantación noutros territorios así como de cooperación con outras empresas; impacto social e sostible do proxecto, entre outros.
As modalidades do Premio son:
- Modalidade A: Creación dun proxecto empresarial.
- Modalidade B: Creación dun proxecto a través de cooperativa escolar.
Para calquera aclaración pódese contactar no teléfono 91 447 34 63 ou no email formacion@uecoe.es
Deja tu comentario