Xornada de Presentación ES MENTORING o 18 de xullo

ES-MENTORING é un programa de acompañamento e asesoramento que se dirixe ás empresas da economía social que teñen unha necesidade específica, ou que están nun momento de crise, proceso de cambio, transformación, innovación… e están interesadas en recibir orientación ou asesoramento sobre como enfocar a situación por parte doutras persoas expertas e empresas da economía social xa consolidadas e que poidan ter pasado por situacións similares con anterioridade.

As empresas da Economía Social interesadas en participar no programa ES-MENTORING deben inscribirse como entidade mentorizada no programa ES-MENTORING a través desta ligazón quedará rexistrada a solicitude para recibir mentoring.

Xornada de Presentación ES MENTORING o 18 de xullo

Por tanto, se a túa empresa ou entidade está interesada en coñecer como é a mentoría de empresas, ou se es mentora, ou se es unha empresa que se inscribiu no programa de acompañamento ES-Mentoring 2023 para recibir consellos e orientacións, convidámoste a participar  na XORNADA PRESENTACIÓN ES-MENTORING, que se celebrará o próximo 18 de xullo de 2023, no Hotel Puerta del Camino, sito na rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n, de Santiago de Compostela.

Consulta o programa da Xornada neste enlace

Para pader asistir e participar é imprescindible inscribirse antes do 14 de xullo no seguinte enlace

ES-MENTORING é un programa organizado por AGACA e ESPAZOCOOP, que conta coa colaboración da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, da Xunta de Galicia.