No marco da Rede Eusumo, e organizada por AGACA, o sábado 18 de xullo celébrase unha xornada sobre creación de emprego e riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal, en Cenlle, no Centro da Rede Eusumo Fundación Coren.
O seminario oriéntase a persoal especializado na xestión de montes veciñais e de man común (MVMC), e contará con 9 relatorios que se centrarán tanto en aspectos administrativos e lexislativos como en exemplos concretos de aproveitamento dos terreos forestais en man común. Ao mesmo tempo abordarase a xestión cooperativa dos recursos.
No tocante aos casos de éxito, a xornada presentará as experiencias da Comunidade de Montes de Cabral (Vigo) coas trufas, do Monte Comunal de Torneiros-Porriño, coas olivas; da cooperativa Amarelante, coa castaña, e, tamén, a dun produtor de arandos e froitos silvestres. De xeito máis global, o concelleiro e dinamizador rural de Beariz, contará o caso de éxito deste municipio.
Horario: de 9.30 a 15.00 horas.
Lugar: Centro da Rede Eusumo na Fundación Coren. Ctra. N-120 – Vía Provincial Ou-0410, Nº 41. Razamonde – Concello de Cenlle
As persoas interesadas en participar, poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 981 58 49 11.
Enlaces: Inscribirse – Programa da xornada