Obradoiros presenciais, Xuño 2019 | Unión de Cooperativas EspazoCoop

EspazoCoop, Unión de Cooperativas Galegas, programou para o mes de Xuño obradoiros formativos en modalidade presencial, que abordarán contidos e materias relacionadas coas empresas cooperativas, o emprendemento cooperativo, e o cooperativismo en xeral.

Estas actividades están dentro da Programación da Rede Eusumo e teñen carácter gratuíto.

Concretamente, impártense accións formativas nas localidades de Vigo e Santiago de Compostela, cada acción formativa ten unha duración de 20 horas distribuídas en 4 sesións (catro días).

 

| ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO |

VIGO | do 4 ao 7 de xuño 2019

Lugar:  Escola de Empresariais da UVigo (Aula 22, 2º andar). Rúa Torrecedeira 105. Vigo

4 sesións | De 9.30 a 14.30 horas  | Información: 986 866 149 – teresa@espazo.coop

 >>> Consulta o programa  AQUÍ | Inscrición AQUÍ | Cartel AQUÍ

 

| DINAMIZACIÓN DO COOPERATIVISMO NUN SECTOR CON POTENCIAL | SECTOR TRABALLO SOCIAL

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11, 13, 18 e 20 de xuño 2019

Lugar: Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Rúa Dublín, 6. Santiago de Compostela

4 sesións | De 9:30 a 14:30 horas  |  Inscricións: info@traballosocial.gal – 981 568 000

>>> Consulta o programa  AQUÍ | Inscrición AQUÍ | Cartel AQUÍ

 

*A Unión de Cooperativas EspazoCoop fai parte da REDE EUSUMO, para o fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia.