As cooperativas xa podedes facer a vosa inscrición ao Programa de Formación da Federación de Cooperativas Sinerxia 2014 ( no marco da Rede Eusumo ).

Se fas parte dunha cooperativa, os » Talleres de afortalamento e consolidación empresarial cooperativa», son para ti. Os contidos están deseñados nun formato práctico, e adaptados ás necesidades da túa cooperativa, através dunha metodoloxía participativa. Os talleres son gratuítos, en modalidade presencial.

A oferta temática básica xira ao redor do :

– Planeamento estratéxico

– Intercooperación

– Cultura financeira

– Organización e xestión cooperativa

– Mercadotecnia

 

Dentro desta oferta, pódense concretar e priorizar contidos específicos e tamén novas temáticas.

Desenvolveranse nos Centros da Rede Eusumo e Entidades Adheridas á mesma, entre os meses de marzo a outubro, sen prexuízo de que o calendario provisional estea suxeito a actualizacións, de acordo coas demandas recibidas e que serán notificadas en tempo e forma.

Máis información : Fai clic aquí PROGRAMA

Contacta en : Federación de Cooperativas Sinerxia.  Telf. 986 896 526 – 673 524 748 – E-mail : pilaralves@sinerxia.org

 

A Federación de Cooperativas Sinerxia colabora como Punto Informativo e de Asesoramento Cooperativo, en calidade de Centro Adherido á Rede Eusumo .

Colabora neste Programa  :  Subdirección de Cooperativas e Economía Social da Xunta de Galicia.