Programa: Economía Social na Coruña 2023
A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello da Coruña colaboran un ano máis para realizar un programa sobre ‘Emprendemento Empresarial na Economía Social’ durante 2023. Esta colaboración ofrece unha serie de actividades e servizos de apoio ao cooperativismo á cidadanía da Coruña.
Ambas entidades impulsan un programa con 4 liñas de acción que permiten dotar de servizos e actividades de Tele-Formación, Divulgación do Cooperativismo, Asesoramento e Acompañamento Especializado a cooperativas en funcionamento do Concello da Coruña, aínda que tamén a persoas que están pensando en Crear Empresas Cooperativas.
O Servizo presta soporte ás cooperativas para apoiar a súa evolución e mellora, superar crises e dificultades que poidan ter, detectar eivas, analizar e potenciar áreas da cooperativa, tratando de consolidar o emprego cooperativo da Coruña e contribuír a súa mellora empresarial.
Cales son as liñas de intervención do programa «Emprendemento Empresarial na Economía Social» na Coruña en 2023?
XOVES DE COOPERATIVISMO NO PAPAGAIO
O segundo xoves de cada mes realizaranse actividades de promoción e dinamización do cooperativismo no Centro de Empresas Accede Papagaio da Coruña, neste centro levaranse a cabo labores de atención a usuarias en materia cooperativa, en xornada de mañá, ademais de programar varias actividades, como :
Pílulas formativas: sobre temas de interese para cooperativas.
> Comunicación Comercial | Xoves 18 de maio de 9.30 a 11.30, no Centro de Empresas Accede Papagaio (A Coruña) |Cartel| Inscrición (Pechada) | Imparte: Praxxis Inclusión s. coop. galega, Laurent Ogel | Trátase dunha Pílula Formativa práctica, na que se traballará a Comunicación Comercial a través da ferramenta da Árbore Estratéxica.
> Axudas e Apoios ao Cooperativismo | Xoves 8 de xuño de 9.30 a 11.30, no Centro de Empresas Accede Papagaio (A Coruña), tamén retransmitirase vía streaming | Cartel | Inscrición (Pechada) | Imparte: 50Pés Consultoras s. coop. galega, Helena Sanmamede Maneiro | Abordaranse as liñas de axudas e apoios existentes para cooperativas: Programa Aprol, Bono Consolida, ou ES-Transforma entre outras.
> Normativa e Lexislación Cooperativa | Xoves 14 de setembro de 9.30 a 11.30, no Centro de Empresas Accede Papagaio (A Coruña), tamén vía Streaming | Cartel | Inscrición | Imparte: Xedega s. coop. galega.
> Intercooperación | Xoves 19 de outubro de 9.30 a 11.30, no Centro de Empresas Accede Papagaio (A Coruña), tamén vía Streaming | Cartel – Inscrición (proximamente) | Imparte: Medatlantia s. coop. galega.
> Financiamento Alternativo | Xoves 9 de novembro de 9.30 a 11.30, no Centro de Empresas Accede Papagaio (A Coruña), tamén vía Streaming | Cartel – Inscrición (proximamente) | Imparte: Coop57 SCC.
Almorzos cooperativos: sesións de networking e intercooperación:
> Networking | Xoves 13 de abril de 9.30 a 11.30 | Cartel | Inscrición (pechada)
> PRÓXIMO: Networking | Xoves 14 de decembro de 9.30 a 11.30 | Cartel – Fai clic: Inscrición
Sesións «As cooperativas contan»: as cooperativas darán a coñecer as súas áreas de actuación e de traballo.
Cooperativismo e Sostibilidade, construíndo un futuro mellor xuntas | Xoves 13 de xullo de 9.30 a 11.30, no Centro de Empresas Accede Papagaio (A Coruña) | Cartel | Inscrición (Pechada)| Imparte: Cem Educación Ambiental s. coop. galega e Alén Economía Circular s. coop. galega | Abordaranse o concepto de sostibilidade e a súa relación co cooperativismo, compartiranse as experiencias de dúas cooperativas que realizan actividade neste sentido, e haberá tempo para un diálogo co público.
PROGRAMA ESPECIALIZADO DE FORMACIÓN XERENCIAL
O programa está composto de 3 cursos dirixidos a diversos colectivos interesados en materias específicas da empresa cooperativa, con preferencia para cooperativas en funcionamento, cooperativas novas e en proceso de constitución. Realízanse na cidade da Coruña os seguintes cursos:
> Fiscalidade cooperativa avanzada | 7 e 14 de novembro | Modalidade presencial na Coruña | Imparte Xiama s. coop. galega | 10 horas | Programa – Inscrición
> Xestión societaria e laboral nas cooperativas | 21 e 28 de novembro | Modalidade presencial na Coruña | Imparte Xedega s. coop. galega | 10 horas | Programa – Inscrición
Transformación de empresas mercantís en cooperativas | 5 e 12 de decembro | Modalidade presencial na Coruña | Imparten Xedega s. coop. galega, Abeluria s. coop. galega, Cerne s. coop. galega e Faecta | 10 horas |Programa – Inscrición
ESPAZOCOOP ACOMPAÑA: servizo de apoio ás cooperativas
Asesoramentos e acompañamentos, tanto para cooperativas en funcionamento como para as persoas dos grupos promotores de novas cooperativas (incluíndo a empresas en crise que poden valorar a súa transformación en cooperativa, persoas autónomas para agrupar servizos, recursos e investimentos, empresas que vaian a pechar por xubilación e valoren o relevo en cooperativa, etc. ).
Do mesmo xeito, favorecer a creación de cooperativas conformadas por colectivos con especiais dificultades de acceso ao mundo laboral ou que proveñan de empresas en crise e atopar así saídas de autoemprego colectivo que contribúan ao mantemento da actividade empresarial.
Un servizo de acompañamento activo durante todo o ano 2023.
COOPERATIVISMO NOS CENTROS DE ENSINO
Esta proposta de divulgación do cooperativismo no ensino da cidade da Coruña componse de varias actividades dirixidas ao alumnado de secundaria e formación profesional:
- Charlas informativas «E ti, coñeces a fórmula?». Con 15 edicións. Programa Charlas
- Táboa redonda «Montar unha cooperativa é unha boa opción», onde cooperativistas presentan os seus proxectos profesionais e establecen un diálogo co alumnado. Con 4 edicións. Programa Táboas Redondas
- Visitas a cooperativas para coñecer de primeira man cooperativas da Coruña mediante visitas guiadas aos seus centros de traballo. Con 2 edicións. Programa Visitas a Cooperativas
- Escape room «Desafío Cooperativo», para promover o coñecemento sobre as cooperativas dun xeito ameno e divertido. Con 5 edicións. Programa Escape Room
Calendario: as actividades nos centros de ensino realizaranse de Setembro a Decembro de 2023.
Inscrición ás actividades do programa Cooperativismo nos Centros de Ensino da Coruña: Fai clic neste enlace
FOLLETO
«Economía Social A Coruña 2023» neste enlace
Contáctanos para solicitar máis información, cita previa de atención, e demandar os servizos e actividades do Programa:
881 887 456 | info@espazo.coop | www.espazo.coop