Este mes é o MES DO COOPERATIVISMO, o Consello Galego de Cooperativas, a Subdirección Xeral de Economía Social, a Secretaría Xeral de Emprego (Consellería de Economía, Emprego e Industria) fainos chegar a programación das actividades para fomentar o cooperativismo en Galicia, que consta de 4 programas.

COOPERATIVISMO EN MOVEMENTO

  • Actuación de Marcos Pereiro cun monólogo cómico sobre cooperativismo e música en directo.

  • Datas e localidades:

Dom. 11 xuño 19:00h Foz
Ven. 16 xuño 21:00h Chantada
Sáb. 17 xuño 21:00h Pontevedra
Dom.18 xuño 19:30h Porto do son
Xov. 22 xuño 21:00h Vilanova de Arousa
Sáb. 24 xuño 21:00h Carballiño

COOPERATIVISMO NAS ESCOLAS

  • Actuación escénica Xarope Tulú (contacontos e acompañamento musical) nos centros educativos premiados no certame Cooperativismo no Ensino. Entrega de diplomas.

7 DE XUÑO
12.30H

IES Monte Neme

Carballo

Accésit

primeiro ciclo da ESO

9 DE XUÑO
12.00H

CEIP Sestelo Baión

Vilanova de Arousa

Accésit

1º e 2º de educación primaria.

13 DE XUÑO
11.00H

CEIP plurilingüe Domaio

Moaña

educación infantil

Accésit

5º e 6º de educación primaria

15 DE XUÑO
19.30H

IES Sanxenxo

Portonovo

primeiro ciclo da ESO

12 DE XUÑO 11.30H

IES Pino Manso

O Porriño

Accésit

segundo ciclo da ESO

16 DE XUÑO
12:30H

CPI Monte Caxado

As Pontes de Gcía. Rgez.

segundo ciclo da ESO

23 DE XUÑO
12.00H

CEIP San Miguel de Reinante Barreiros

San Miguel de Reinante

Accésit

educación infantil

1º e 2º de educación primaria.

3º e 4º de educación primaria

Accésit

3º e 4º de educación primaria

5º e 6º de educación primaria


DÍA DE PORTAS ABERTAS – 30 xuño

Durante o mes de xuño levarase a cabo unha campaña de comunicación entre as cooperativas para que o día 30 de xuño abran as súas portas ao público.

DÍA DO COOPERATIVISMO GALEGO­ – 1 xullo

  • Lugar: Cooperativa Terras da Mariña (Lourenzá)
  • Entrega de premios aos Proxectos Empresariais Cooperativos (Certame cooperativismo no ensino, centros de FP).

Proxectos premiados:

Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo:

Eficonter, S. Coop. Galega Xuvenil (CIFP Someso – A Coruña)

Accésit compartido ao proxecto empresarial finalista:

Identik3D, S. Coop. Galega (IES Imaxe e Son – A Coruña)

Piscinatura, S. Coop. Galega Xuvenil (CIFP Someso – A Coruña)

Entrega de premios á cooperación:

Cooperativas premiadas:

Premio aos valores cooperativos: DallequeDalle, S. Coop. Galega (Vilagarcía de Arousa) – cooperativa de traballo asociado dedicada a xestionar un espazo de coworking e asesorar a emprendedores

Premio á mellor cooperativa nova: Terras da Mariña, S. Coop. Galega (Lourenzá). Cooperativa agraria dedicada ao cultivo da Faba de Lourenzá (IXP)

Premio á mellor traxectoria: Sociedade Cooperativa Galega Educación Medioambiental CEM (Culleredo). Cooperativa de traballo asociado dedicada á educación ambiental.

  • Presentación: Luis Iglesia
  • Actuación: Fredi Circanello (mimo, maxia, malabares)
  • Actuación musical: Os Modernos

Aperitivo con produtos cooperativos