Lanzamos actividades con el Concello de A Coruña a favor de la economía cooperativa
EspazoCoop e o Concello da Coruña van a colaborar un ano máis para lanzar un programa de actividades e servizos que promova a economía cooperativa no concello, no marco dos programas de emprendemento empresarial en materia de economía social, e en colaboración co servizo municipal de Promoción Económica.
O programa busca impulsar a aptitude emprendedora, en concreto co modelo empresarial cooperativo, amais de visibilizar o tecido cooperativo da cidade identificando casos reais e boas prácticas no concello.
Por iso, convidamos a todas as persoas interesadas a usar e participar nos servizos e accións que se lanzan este ano, que son tres. Pódese ver informació neste folleto: Economía cooperativa A Coruña 2024
Actividades do convenio de colaboración 2024 entre EspazoCoop e o Concello da Coruña
[ EspazoCoop Acompaña ]
Ofrece asesoramento e acompañamento, tanto para cooperativas activas como para grupos promotores, empresas en crise que valoren a súa transformación en cooperativa e persoas autónomas para agrupar servizos, recursos ou investimentos.
O servizo conta cun fondo de 120 horas de asesoramento e acompañamento para distribuír entre ás diversas usuarias, o mesmo será flexible en función das necesidades e demandas dos proxectos acompañados.
A atención será presencial no Centro de Empresas Accede Papagaio (A Coruña) ou en modalidade virtual durante o ano 2024.
Folleto EspazoCoop Acompaña 2024 neste enlace
[ Roteiro cooperativo ]
Rutas para centros de ensino, que buscan achegarse a coñecer cooperativas da Coruña, nas que as mesmas trasladan a súa experiencia e as potencialidades de emprender co modelo cooperativo. Con elas dase continuidade ao traballo de fomentar o emprendemento cooperativo a estudantes.
Realizaranse 2 edicións nas que coñecerán 3 cooperativas. A actividade está prevista para o mes de outubro de 2024 e pódese realizar a solicitude a través do seguinte formulario solicitude
[ Xornada “As cooperativas, empresas sustentables” ]
Unha xornada que permitirá mostrar a acción realizada a favor do cooperativismo no concello, achegando resultados, pero amais, a mesma terá como temática central a achega das cooperativas á sostibilidade, a integración nelas dos principios de sostibilidade, tanto a nivel de gobernanza como de autoxestión de actividades, que contribúen a unha maior calidade do ecosistema da cidade.
A xornada está prevista para o mes de novembro de 2024, será aberta ao público xeral e se celebrará no Centro Ágora (A Coruña).
EspazoCoop cambia a súa sede, trasládase ao Centro de Empresas Accede Papagaio grazas á cesión de espazo do Concello da Coruña
A partir do 2 de maio de 2024 a Unión de Cooperativas EspazoCoop estará de xeito permanente nun dos espazos do centro municipal Accede Papagaio da Coruña, que froito da colaboración que mantén nos últimos anos co concello, este cede á asociación de cooperativas EspazoCoop para prestar o seu labor e realizar a súa actividade, que fundamentalmente é a promoción e defensa do cooperativismo.
Deste xeito compleméntanse os servizos que o centro de empresas accede Papagaio ofrece ás persoas emprendedoras cunha atención permanente en materia de cooperativismo e economía social.
Por elo, queremos destacar e agradecer o apoio que o Concello da Coruña presta á Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop e ao cooperativismo en xeral, a través desta cesión de espazos municipais.
Toda a información en:
Unión de Cooperativas EspazoCoop – A Coruña: Telf.: 697 877 773 | Enederezo: EspazoCoop, Centro de Empresas Accede Papagaio. Praza do Papagaio, s/n, 15002, A Coruña
Esperámoste!