Convite a participar na Feira das Industrias Culturais 2023

 



Recepción de intereses en participar en CULTURGAL 2023 (do 1 ao 3 de decembro) ata:
ás 14 h. do venres 10 de novembro 2023



Dende a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convidan ás cooperativas do ámbito cultural de EspazoCoop a participar no Stand da Economía Social en Culturgal 2023. Como cada ano disporán de xeito gratuíto dun espazo expositivo colectivo desde onde visibilizar a economía social galega, así como a diversidade de produtos e servizos das entidades culturais participantes.

Deixamos a continuación a comunicación da coordinadora do espazo expositivo (7H Cooperativa Cultural) na que vos informan de como participar e ter presenza en Culturgal.

Fai clic: Convite a Culturgal 2023 e información do Stand

Dende a Sectorial de Cultura de EspazoCoop animamos ás cooperativas culturais a participar na 16ª edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia.

Deixamos a FICHA DE INSCRICIÓN para a súa descarga, e en caso de ter interese en participar, será requisito imprescindible achegar a ficha cuberta, antes das 14:00 h. do 10 de novembro aos correos economiasocial.emprego@xunta.gal e a 7hcoop@7hcoop.gal.