Forma a túa cooperativa con +COOP

+COOP é un programa da Unión de Cooperativas EspazoCoop que ten por finalidade asesorar e acompañar a grupos de persoas que promoven empresas cooperativas, faino de xeito gratuíto en toda Galicia, e enmárcase na programación 2024-2025 da Rede Eusumo (Xunta de Galicia) e no programa Efeso, EspazoCoop Emprende, (FSE Plus).

 

A Unión ten asignado para este servizo un total de 600 horas, que aplicará nos acompañamentos para crear cooperativas ata 30 de setembro de 2025. No seu plan de traballo tamén realizará unha prospección para captar persoas promotoras de ideas de negocio en ámbitos das economías emerxentes, susceptibles de ser organizadas baixo a fórmula cooperativa.

Subliñar que EspazoCooop é entidade de referencia en Galicia na promoción das cooperativas sendo un dos puntos aos que acodir para coñecer como poñer en marcha unha empresa deste tipo.

Dende outubro de 2024 véñense beneficiando distintas persoas e colectivos usuarios de +COOP que está dando apoio á cidadanía para acceder ao emprego mediante a organización de proxectos laborais cun modelo cooperativo, ofrecendo soporte para conformar a súa actividade laboral como cooperativas, unha fórmula de autoemprego colectivo.

+COOP facilita orientación, información, asesoramento e acompañamento especializado para facer dunha idea de negocio ou dunha actividade profesional, proxectos cooperativos viables, económica e societariamente, prestando:

  • a orientación para coñecer o modelo cooperativo
  • a análise da idea inicial de actividade laboral
  • o apoio na elaboración do plan de empresa
  • a elaboración de estatutos sociais
  • o asesoramento no financiamento
  • o apoio na tramitación das axudas para cooperativas
  • a constitución formal da cooperativa

O servizo desenvolve procesos de atención a usurias reflexivos e participados, que pasan por distintas etapas antes da constitución da cooperativa, dependendo do grao de maduración do grupo emprendedor e do proxecto, polo que se deseña un itinerario personalizado, a medida das necesidades, podendo prestarse o servizo mediante sesións telemáticas e presenciais.

+COOP marcouse como obxectivos:

  • titorizar e acompañar en procesos de creación de cooperativas, especialmente, cooperativas de traballo
  • facilitar recursos e ferramentas específicas de xestión, de autodiagnose e planificación, así como boas prácticas que axuden na maduración de proxectos cooperativos
  • visibilizar os resultados e as boas prácticas

Os servizos esperan atender a un mínimo de 20 proxectos, e no relativo á visibilización do programa, está previsto realizar una xornada final de resultados de +COOP para presentar os datos máis salientables, casos e experiencias que contaron co apoio do programa.


MÁIS INFORMACIÓN E CONTACTO

SOLICITA +COOP  EN:

Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop

info@espazo.coop – 981 57 55 78

www.espazo.coop


 

ESTA INICIATIVA, +COOP, CONTA CO APOIO E ENMÁRCANSE NO PROGRAMA:

Programa 2024-2025 da Rede Eusumo, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Xunta de Galicia, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

Programa de Empleo, Formación, Educación y Economía Social, EFESO, cofinanciado por el Fondo Social Europeo Plus para el periodo 2021-2027, a través del organismo intermedio CEPES.