Aceleradora #impulsocoop

[Encontros]

No marco da Aceleradora da Unión de Cooperativas EspazoCoop #impulsocooperativo, o luns 20 de setembro celebramos un Encontro de intercooperación, online, aberto ás cooperativas participantes do programa.

Coa ACELERADORA buscamos fomentar o crecemento de cooperativas de recente creación, a posta en común de necesidades e recursos, a transferencia de experiencias, metodoloxías e boas prácticas entre as cooperativas que participen no programa, en orde a compartir recursos, readaptar actividades, establecer alianzas, etc. Tamén queremos facilitar ferramentas específicas de xestión, repositorios, bases de datos, de autodiagnose, teletraballo e reunións virtuais que podan contribuir a adaptarse á unha realidade onde o presencial vai tardar en recuperarse plenamente.

Os ENCONTROS que se realizan no marco da Aceleradora permiten o intercambio de dúbidas, necesidades, recursos a disposición, boas prácticas e medidas de interese xeral. Os encontros terán unha duración de dúas horas e serán desenvolvidas de xeito virtual ou telemático. Terán como obxectivo principal a posta en común de aspectos que permitan avanzar na resposta a dúbidas, establecer mecanismos de colaboración en distintos ámbitos e difundir boas prácticas, ferramentas e recursos de interés, ao tempo que facer comunidade.

#Impulsocooperativo conta ademais no seu plan de traballo con outras accións para cubrir os obxetivos de evolución das novas cooperativas, mediante Formación e Asesoramento a medida de cada caso cooperativo:

Cartel informativo Aceleradora #ImpulsoCooperativo

 

[ Próximo Encontro 20/setembro 2021]

20 Setembro 2021 de 12 a 14 horas. Encontro #impulsocooperativo || Programa  –  Cartel Inscrición

– Dirixido a: cooperativas socias de Espazocoop participantes no Programa de aceleradoras #impulsocooperativo.

– Lugar: O Encontro realizarase na plataforma da Aula Virtual de Espazocoop. Enviarase convite ás participantes.

 


Anteriores Encontros – Aceleradora da Unión de Cooperativas EspazoCoop:

10 Agosto 2021. Encontro #impulsocooperativo  | Programa do Encontro 10 Agosto 2021