Accións formativas de EspazoCoop
[ SETEMBRO ]
A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos a Programación Formativa prevista para o mes de Setembro de 2021 ofrecendo 4 actividades. Os cursos previstos desenvolveranse uns en modalidade Teleformación e outros en Presencial, a primeira través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop e a presencial nas localidades de Sada e Porto do Son (A Coruña).
A formación é gratuíta, sendo preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de alumnado en cada curso.
- Emprendendo en cooperativa | Dentro do Programa Colectivos «A Solución é Cooperativa» | Presencial (Porto do Son) | 20 h. | Inicio 6 de setembro
- Formación comercial: coopera, comunica e vende | Teleformación | 20 h. | Inicio 13 de setembro
- Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Dentro do Programa Colectivos «A Solución é Cooperativa» | Presencial (Porto do Son) | 20 h. | Inicio 21 de setembro
- Habilidades para o traballo en equipo nas cooperativas | Dentro do Programa «Muller a Cooperativa é para Ti» | Presencial (Sada) | 20 h. | Inicio 20 de setembro
Como é a nosa modalidade de teleformación?:
O tempo de estudo de cada curso está conformado con diferentes modalidades e obxectivos:
- Hai unhas horas que son as sesións virtuais de aprendizaxe: con data e hora determinada, que teñen unha duración de 90 minutos, para propiciar o traballo conxunto e colaborativo entre as participantes e para presentar determinados temas.
- Outras horas que serán as que utilices libremente como alumna/o para ler os contidos que estarán ao teu dispor na plataforma, na Aula virtual de EspazoCoop, para estudar materiais, revisar webgrafía, visionar os vídeos, realizar e enviar as tarefas que se piden no curso á persoa Titora, e revisar a súa retroalimentación.
- Un tempo que usarás e organizarás libremente para a participación nos Foros, Titoría coa docente e, finalmente, un tempo para a Avaliación final da formación.
Os cursos hai que completalos no marco do tempo das datas de inicio e fin indicadas para cada acción formativa.
TELEFORMACIÓN
Formación comercial: coopera, comunica e vende
| Teleformación | Do 13 de setembro ao 3 de outubro | 20 horas | 2 sesións virtuais de aprendizaxe.
Esta formación é para ti si queres traballar máis afondo a proposta de valor da vosa cooperativa para convencer á clientela, e valorar se estamos comunicando o noso valor diferencial. Tamén aprenderás a deseñar estratexias comerciais de alto impacto perante os novos consumidores e consumidoras. E coñecerás habilidades e ferrramentas operativas para a mellora dos procesos e estratexias de comercialización das cooperativas.
Fai clic: Programa | Cartel | Inscrición
FORMACIÓN PRESENCIAL
Emprendendo en cooperativa
Presencial | 6, 7, 8 e 10 de setembro | 20 horas | Porto do Son | Dentro do Programa ‘Colectivos: A Solución é Cooperativa’
Inscrición: Orientación Laboral – Concello de Porto do Son | 981 86 74 12 (Ext. 1302) – jose.pazo@portodoson.gal
Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas
Presencial | Do 21 ao 24 de setembro | 20 horas | Porto do Son | Dentro do Programa ‘Colectivos: A Solución é Cooperativa’
Inscrición: Orientación Laboral – Concello de Porto do Son | 981 86 74 12 (Ext. 1302) – jose.pazo@portodoson.gal
Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas
Presencial | Do 20 ao 23 de setembro | 20 horas | Sada | Dentro do Programa ‘Muller a Cooperativa é para Ti»
Fai clic: Programa | Cartel | Inscrición
[ Estas actividades están no marco da programación 2021 da Rede Eusumo, rede de promoción e fomento do cooperativismo en Galicia, liderada pola Xunta de Galicia. Tamén están no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) 2014-2020 OT 8: conseguir formación e emprego de calidade, convocado por Cepes e financiado polo FSE.]