Unímonos para nacer. Unámonos para crecer

 

UGACOTA é unha entidade sen ánimo de lucro, representativa do cooperativismo de traballo asociado en Galicia. Agrupamos máis de 100 cooperativas de diversos sectores e actividades.

As finalidades polas que se creou a Unión son: Atender as necesidades das cooperativas asociadas. Representar ao cooperativismo galego de traballo asociado. Promover nas cooperativas e na sociedade en xeral, os valores própios da cultura solidaria que inspiran os principios cooperativos.

Dispoñemos de oficinas en Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela e A Coruña. Contamos cun equipo de 6 persoas para atender as demandas e necesidades das cooperativas socias e á promoción do cooperativismo de traballo asociado.

Para coñecer mellor a Unión, os servizos que oferta e como facer para asociarse, preme aquí: Ugacota

Se queres coñecer o que tes que facer para asociarte a Unión, preme aquí