Proxecto ES Factory [Interreg España-Portugal]
-Dende 2023 ata 2026
-ES FACTORY: Rede de Aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e o Norte de Portugal.
O Proxecto ES FACTORY foi aprobado no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 o cal promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea. ES FACTORY está liderado pola Xunta de Galicia e composto por un consorcio de organizacións, no que están integrados, ademais da Xunta, Agaca, EspazoCoop, Aesgal, USC, Utad, TecMinho, e In Cubo.
O proxecto está en vigor dende outubro de 2023 para por en funcionamento unha Rede de Aceleradoras de empresas de economía social de Galicia e do Norte de Portugal.
[ Obxectivos ]
- Impulsar e consolidar o emprego de calidade en novas actividades emerxentes do territorio transfronteirizo que se desenvolvan a través da economía social.
- Detectar novas oportunidades e liñas de negocio en actividades emerxentes de Galicia e o Norte de Portugal que fomenten a retención e atracción de talento.
- Impulsar a profesionalización do ecosistema emprendedor e potenciar, atraer e reter talento no territorio transfronteirizo.
- Creación da Rede de Aceleradoras de economía social transfronteriza.
- Identificación e promoción do peso da economía social de Galicia e o Norte de Portugal.
[ Principais actividades de ES Factory ]
Unidade transfronteiriza para a vinculación da economía social con outros ecosistemas emerxentes no territorio transfronteirizo.
- Con Impulso de acciones de consulta para conectar la economía social con otros ecosistemas emergentes del territorio gallego y del norte de Portugal. Mediante 5 Mesas de discusión nas que se identifiquen 15 oportunidades de negocio na economía azul, verde, prateada, laranxa e amarela.
- Desenvolvemento de 5 axendas intersectoriais para favorecer o nexo entre economía social e os sectores emerxentes, e desenvolver tres seminarios de presentación.
- Programa Formo-Talento: Identificación e formación de entidades prescriptoras da economía social e programa de bolsas xerenciais.
Pilotos para a implantación de novas metodoloxías, sistemas de testeo e desenvolvemento de cooperativas de plataformas dixitais.
- Ferramentas e recursos de apoio e impulso dunha asesoría virtual de documentos adaptados para o desenvolvemento de actividades emerxentes con fórmulas da ES.
- Desenvolvemento de pilotos de cooperativas de emprendemento para xerar emprego de calidade. Estudo lexislativo e aplicabilidade.
- Desenvolvemento de pilotos de cooperativas de plataformas dixitais a través das cales poñer en contacto a oferta e a demanda.
Rede de aceleradoras transfronteirizas ES Factory para a creación e consolidación de proxectos de economía social
- Cinco convocatorias de proxectos e organización de eventos de avaliación de capacidades das persoas promotoras, aqueles proxectos que sexan innovadores, acelerables, ou que impacten en colectivos de interese.
- Academia ES FACTORY para capacitar e mellorar as habilidades de persoas e acompañar e asesorar no autoemprego e na creación de empresas, a través de cinco programas de formación e asesoramento empresarial.
- Espazos de encontro para o fomento da intercooperación entre empresas, financiadores e potencial clientela, a través de dous foros de investimento e tres encontros de visibilización e acceso a produtos e servizos da ES.
Desenvolvemento do Observatorio de ES da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal e impulso da valorización e visibilización.
- Desenvolvemento dunha metodoloxía unificada que permita a recopilación de datos de entidades de economía social.
- Atlas de entidades de economía social e directorio informativo.
- Desenvolvemento do observatorio de economía social de Galicia e o Norte de Portugal, mediante un espazo web no que visibilizar as experiencias e o coñecemento da economía social.
O proxecto ES FACTORY conta cunha subvención FEDER por importe de 1.368.976,08 € para o desenvolvemento do seu programa ata o ano 2026.
Novas relacionadas: