Programas de Fomento Cooperativo coa Deputación Provincial da Coruña

 

– Programas de Fomento Cooperativo.

– Financiado pola Deputación da Coruña.

– Período: Dende o ano 2020 – En curso.


 

A Deputación da Coruña e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop realizan conveninos de colaboración desde 2020 para fomentar o cooperativismo na provincia, o traballo conxunto entre ambas entidades é a continuación da colaboración establecida dende hai varios anos.

O convenio do ano 2024 permite desenvolver liñas de traballo ao redor do emprendemento cooperativo, a consolidación de cooperativas e a xeración de coñecemento para o sector.

[ Acompañando no emprendemento e na consolidación de cooperativas ]

  • Un servizo que asesora e acompaña a grupos de emprendemento da provincia da Coruña para a posta en marcha de novos proxectos mediante un proceso personalizado de análise de viabilidade e creación da cooperativa.
  • Tamén brinca asesoramento en procesos de consolidación e mellora de cooperativas do ámbito da provincia da Coruña, dirixidos a manter e incrementar o emprego, mellorar condicións e garantir o crecemento da empresa.

O servizo consta dun fondo de 140 horas, durante 2024.

[ Formación de persoas prescriptoras, axentes no ecosistema de emprendemento ]

No segundo semestre de 2024 impartirase un curso de teleformación de 40 h. destinado a capacitar a persoal técnico e profesionais do ámbito do emprego e o emprendemento en materia de cooperativas.

[ Dinamización dun ecosistema de emprendemento en cooperativa ]

Un programa para dinamizar e xerar rede mediante o traballo colaborativo co persoal e nos espazos de traballo -coworkings de apoio ao emprendemento da Deputación da Coruña, que conta con 11 centros, co fin de fomentar o coñecemento do cooperativismo e as súas potencialidades.

[ Xornada o cooperativismo como factor clave nos ODS ]

A xornada Cooperativismo como Factor Clave nos ODS está prevista que se celebre no Pazo de Mariñán, en Bergondo no mes de decembro. A mesma posibilitará achegarnos, cunha visión práctica, aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e á Axenda 2030 que os enmarca, pór en valor a súa identificación e implantación pero tamén a súa proximidade aos principios e valores cooperativos, e, polo tanto, á contribución do cooperativismo á consecución dos ODS.

As distintas liñas de acción do convenio contribúen a formar redes relacionais para a colaboración entre distintos axentes e sectores que resulta beneficioso para continuar o traballo de fomento do cooperativismo na provincia da Coruña.

FOLLETO divulgativo do programa 2024, neste enlace

Novas relacionadas:

 

 

Folleto informativo 2023: neste enlace