12 Edición da Feira das Industrias Culturais – Culturgal
Esta fin de semana a economía social de Galicia estará presente no Culturgal, a Feira de Industrias Culturais de Galicia que terá lugar en Pontevedra do 29 de novembro ao 1 de decembro.
Son 14 as entidades de economía social as que participarán nun espazo expositivo conxunto promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Rede Eusumo que realizarán actividades de difusión e promoción a través dun stand conxunto onde poderán acadar alianzas e colaboracións cos outros co-expositores.
No Expositor participan 12 cooperativas das Industrias Culturais socias da Unión de Cooperativas, un grupo diverso que fan parte da Sectorial de Cultura de EspazoCoop:
- A Factoría Atelier
- 7H Cooperativa Cultural
- Cestola na Cachola
- O Cable Inglés
- Plano Pementa
- Urdime
- Xeitura Patrimonio SCoopGal
- MAOS Innovación Social
- Culturactiva S. Coop. Galega
- SeteOitavas
- Xeneme Proxectos Sociais
- Laboratorio Escénico
Ademais no stand común participan as empresas de economía social Ben Curiosa e Dez de Dez. Neste dossier podes consultar as entidades cooperativas e da economía social participantes nesta edición.
-11:30h. Presentación da Axenda Sectorial de Cultura da Economía Social da Eurorrexión – Proxecto LACES. Actividade desenvolta por DezdeDez Sociedade Laboral.
-12:30 a 13:15 h. Presentación das Rutas Literarias por Compostela e da Excursión á Ruta Cristobal Colón galego co escritor Rodrigo Costoya. Actividade organizada por DezdeDez Sociedade Laboral.-19:00 a 19:45 h. Encontro entre Isa Shopaholic, youtuber da canle O Galego mola, con seguidores e venta de merchandising. Actividade desenvolta por DezdeDez Sociedade Laboral.
Domingo, 1 de decembro
-12:30h. Presentación do festival feminista de arte urbana e contexual Delas Fest. Actividade desenvolta por 7H Cooperativa Cultural.
-17:15 a 18:00. Sinatura de discos de Silvia Penide. Actividade desenvolta por DezdeDez Sociedade Laboral.
Para coñecer máis información acerca de Culturgal 2019, podes consultar o programa completo premendo aquí.
—
Fonte: vía web Eusumo www.eusumo.gal