Servicio de Asesoramiento Financiero y Finanzas Éticas y Cooperativas
[ En A Coruña – Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio ]
>> Servicio de carácter presencial y gratuíto >>
A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop promove un servizo de asesoramento financeiro e financiamento ético e cooperativo durante os meses de outubro a decembro de 2019 na cidade da Coruña.
Está destinado para o emprendemento empresarial e para entidades do sector da economía social e solidaria do concello fundamentalmente, co fin de prestar apoio no campo financeiro.
Obxetivos
Ofrecer información e divulgación sobre as posibilidades e produtos que ofrecen desde as entidades de BANCA ÉTICA e de FINANZAS COOPERATIVAS para o financiamento de novos proxectos, especialmente os vencellados á economia social e solidaria, á sostibilidade, ao medioambiente, etc.
Na área financeira habitualmente existen carencias importantes nos proxectos, polo que a facilitación ao acceso a liñas de financiamento impulsadas por estas entidades de carácter ético son unha alternativa.
Promover a alfabetización financeira entre a persoas emprendedoras, grupos promotores e proxectos empresariais en fase de incubación nos viveiros de empresamunicipais.
Consulta máis información no Folleto divulgativo, neste enlace.
As Finanzas Éticas e Cooperativas teñen liñas para apoiar os teus proxectos.
Citas e información: 627 570 948 – 673 524 739
——–
PROMOVE : Unión de Cooperativas EspazoCoop. Unha iniciativa no marco do Convenio de Colaboración 2019 co Concello da Coruña.